A remodelación foi anunciada por Miguel Anxo Fernández Lores, que quere estender o modelo de cidade a todos os barrios. A rúa Almirante Matos xunto a Monteleón, Fonte do Corvo e Cruceiro terán un investimento que superará os 1,4 millóns de euros.
Ademais da renovación integral dos servizos soterrados (abastecemento, saneamento, telecomunicacións), tamén está previsto actuar en superficie con plataformas únicas, iluminación, mobiliario urbano e arborado.
Paixón por Pontevedra