XPO logo

Aberta a primeira fase da urbanización da ONCE en Campolongo

O barrio de Campolongo e o da Corva, xunto á avenida de Vigo están máis unidos dende hoxe, porque xa está aberta a vía, que vai desde a rúa Luís Braille, pasa por diante do Centro Sur e a ONCE e sube até o aparcadoiro de bordo desta zona —ao carón do IES Torrente Ballester—, conectando deste xeito coa rúa Urbano Lugrís coa Avenida de Vigo.

A obra foi froito do convenio coa ONCE. Esta primeira fase tivo un orzamento de 550.000 euros e a segunda permitirá abrir unha nova rúa que se achegará a María Victoria Moreno.

Tes máis información aquí!

Paixón por Pontevedra

Compartir: