Entregouse hoxe a nova residencia asistida a Amencer – Aspace, situada no Centro Sur. Foi un investimento que superou o 1,5 millóns de euros.
Habilitáronse dúas plantas, a segunda e a terceira do edificio, para atender aos seus asociados cando as familias non poidan.
As outras dúas plantas están comprometidas para Amizade.
O avance nas infraestruturas sociais na cidade foi moi importante nos últimos anos, ao incorporase, tamén a nova residencia e o centro de formación de Xoán XXIII, esta última executada nun terreo de cesión municipal.
Paixón por Pontevedra