Miguel Anxo Fernández Lores presentou a reforma da praza da Liberdade que trasladará ao centro o símbolo dos novos tempos da cidade: a calidade medioambiental urbana.
Alí estará o novo centro social da Federación de veciños Castelao, que se trasladará dos baixos da praza a ocupar as instalacións remocicadas da antiga cafetería; e será un espazo máis verde, con sol e sombra, lámina de auga e un pequeno auditorio ao aire libre pensado para actos públicos organizados no local da veciñanza.
Paixón por Pontevedra