Xa temos no Concello o proxecto de recuperación da Xunqueira de Ponte Sampaio que suporá a rexeneración e a recuperación dos bordes marítimos.
O orzamento estimado supera os 5,3 millóns de euros que permitirán recuperar 25.000 metros cadrados, dende a ponte medieval de Ponte Sampaio até o colexio.
O areal pasará a ter 7.300 metros2. Terá unha gran zona verde de estancia con arborado de especies autóctonas; zona deportiva e espazo de lecer cun palafito
O proxecto terá un marco de actuación de máis de 25.000 metros cadrados, desde a ponte medieval de Ponte Sampaio até pasado o colexio existente ao carón da ría. O areal pasará de ter 3.300 metros cadrados a 7.300 metros cadrados, duplicando o seu tamaño. Crearase unha gran zona verde de estancia, con arborado novo de especies autóctonas. Tamén está planificada unha zona de uso social e de deporte, especialmente para o piragüismo, disciplina que conta cunha forte presencia no lugar.
Paixón por Pontevedra