Neste ano será unha realidade a sinalización dos 16 primeiros monumentos da cidade. Unha información indispensábel para elevar o “orgullo de pertenza” segundo afirmou o alcalde de Pontevedra e candidato do BNG, Miguel Anxo Fernández Lores, pero tamén como recurso didáctico para veciños e veciñas e visitantes.
Ademais o CITA (Centro de Interpretación das Torres Arcebispais) transformarse no CIVIM (Centro de Interpretación da Vila Medieval) nas que se incluirán non só as Torres Arcebispais senón tamén a Muralla de Arcebispo Malvar, o Campiño de Santa María e a Basílica e a Casa-Torre dos Montenegro, a ponte e o peirao medieval de Valentín García Escudero.
Paixón por Pontevedra