O informe final do grupo G4 Plus de desenvolvemento estratéxico da UVigo baseado nos datos oficiais do Estado e da Xunta sobre altas na Seguridade Social e nas mutualidades revela que máis de 50.000 persoas traballan en Pontevedra.
Pontevedra ten 35.243 veciños de alta laboral e os postos de traballo que xera o municipio son 50.310. O peso de altas na Seguridade social está entre o 87 eo 88%, fronte aos das mutualidades.
O índice de autosuficiencia de emprego sitúase por riba dos 142 puntos, moi superior aos concellos da súa contorna e, incluso, de Vigo.
Paixón por Pontevedra