O estudo encargado pola Alcaldía e elaborado polo grupo G4 Plus da Universidade de Vigo revela a Seguridade Social ten dadas de alta en Pontevedra a 44.257 persoas, das cales 14.000 virían doutros concellos a traballar na capital.
“O dato máis claro que podemos sacar coas cifras sobre a mesa é que por cada 100 residentes en Pontevedra de alta como activos na Seguridade Social, hai 144 postos de traballo activos. É dicir, a Boa Vila é un foco xerador de emprego. Se facemos estudos comparativos coas cidades do noso Interland —Poio, Sanxenxo, Marín—, vemos que somos o maior foco neste eido”.
Paixón por Pontevedra