Queremos continuar coa mellora do Camiño de Santiago -fundamental na economía local- e en achegar a cidade ao río, ademais de eliminar barreiras e aproximar o barrio do Burgo ao centro histórico.
Proxectamos a reforma da cabeceira sur da ponte do Burgo, onde hoxe se atopan os achados históricos de Valentín García Escudero.
Crearase unha gran praza con sombra e mellorarase a exhibición dos achados medievais, aproveitando o seu atractivo turístico e poñendo en valor a nosa historia.
O orzamento supera o 1,2 millóns de euros.
Paixón por Pontevedra