Nestes momentos, no Concello están elaborados e orzamentados proxectos municipais por máis de 53 millóns de euros. E todos eles susceptibles de ser licitados (saír a contratación) neste 2023.
O parque e o pavillón da Parda, a reforma de Castelao e Daniel de la Sota, unha gran actuación nas marxes do Lérez, a reforma da contorna de Pastor Díaz, o local social de Bora, a recuperación ambiental da Xunqueira de Ponte Sampaio…
Son as previsións do servizo de Contratación do Concello de Pontevedra para 2023.
Paixón por Pontevedra