A reforma integral da Santiña e o proxecto de dixitalización da mobilidade na área urbana veñen de ser financiados con máis de 2,7 millóns de euros polos fondos europeos. A concesión destes fondos vinculados á creación dunha zona de baixas emisións, foi a confirmación de que o modelo de Pontevedra cumpre coas zonas de baixas emisións.
Por se alguén tiña dúbidas do modelo de Pontevedra: nin se van cobran taxas por entrar co coche na cidade, nin se esixirán coches eléctricos nin con etiquetas verdes, como manda a nova lexislación sobre as zonas de baixas emisións.
O modelo de Pontevedra funciona e cumpre a normativa sen irlle ao peto aos pontevedreses e pontevedresas.
Paixón por Pontevedra