XPO logo

Candidatura

Miguel Anxo Fernández Lores

Miguel Anxo Fernández Lores

Veciño de Marcón. Médico.
Alcalde de Pontevedra.

02 Eva Vilaverde

Eva Villaverde Pego

Licenciada en Ciencias políticas e da Administración pola USC (especialidade en estudos de administración pública). É a co-responsábel de Política Municipal na Executiva Nacional do BNG. Foi deputada provincial entre os anos 2015 e 2019. No Goberno municipal é a concelleira de Sostemento do espazo público, Protección cidadá e Ocupación da vía pública.

02 anabel gulias

Anabel Gulías Torreiro

Licenciada en Ciencias Políticas e da Administración con mestrado en Desenvolvemento Local e Comarcal e cursos de doutoramento en Procesos Políticos Contemporáneos. Ten experiencia en alta dirección de empresas públicas e privadas. Foi voceira do BNG en Forcarei. Na actualidade é voceira do Goberno local con competencias en Réxime interior, Contratación, Xestión de fondos europeos e Promoción da cidade.

04 Cesar Mosquera

Cesar Mosquera Lourenzo

O vicepresidente da Deputación é licenciado en matemáticas e pedagoxía, e foi profesor do IES Valle Inclán. No actual Goberno local é concelleiro de Ordenación xeral da mobilidade, Infraestruturas e Relacións con outras administracións.

05 Demetrio Gomez 1

Demetrio Gómez Xunqueira

Licenciado en Filoloxía e profesor no IES Torrente Ballester. É o concelleiro que coordina os Proxectos Urbanos, a xestión da Mobilidade e o Transporte público no Goberno municipal. É o responsábel Local do BNG e foi parte do seu Consello Nacional.

07 Carme da Silva 2

Carme da Silva Méndez

Nada en Mourente, é licenciada en Químicas. Foi deputada no Parlamento de Galiza. Na actualidade é a edil de Festas, Dinamización sociocultural, Patrimonio e Ciclo da auga no Goberno local. É a responsábel nacional de política municipal na Executiva Nacional do BNG.

07 Raimundo Gonzalez 1

Raimundo González Carballo

Orixinario da Canicouva e licenciado en Dereito e Económicas foi profesor de FP e un dos fundadores da CIG-Ensino. No Goberno municipal é o concelleiro de Economía e Facenda e o delegado das parroquias de Canicouva e Ponte Sampaio.

08 Maria Xose Abilleira

María Xosé Abilleira Novo

Veciña de Lérez e técnica administrativa. Foi presidenta da Asociación de Veciñas e Veciños da súa parroquia e na actualidade exerce funcións de coordinación xeral dos programas do Concello nas parroquias.

09 Xaquin Moreda

Xaquín Moreda González

Arquitecto, gaiteiro e membro de Maravallada. Ten un mestrado en conservación do patrimonio cultural e inmóbel. Dende o ano 2019 é o edil de Urbanismo, Patrimonio e Memoria histórica e delegado do Centro histórico.

10 Carme Fouces

Carme Fouces Díaz

Licenciada en Farmacia, é profesora do IES Valle-Inclán. Actualmente é concelleira de Cultura e Persoal.

11 Alberto Oubina 1

Alberto Oubiña Piai

Nado en Pintos, Marcón, e graduado en Relacións Laborais, é o concelleiro coordinador das parroquias rurais, de Monte, Normalización Lingüística, Novas Tecnoloxías e de Xuventude no actual Goberno municipal.

12 Paula Acibeiro

Paula Acibeiro Castro

Veciña da Condes, Mourente, é técnica administrativa que traballa na empresa familiar. Actualmente fai parte da Asociación de Mulleres Rurais Amarinda.

13 Fernando Romero 1

Fernando Romero Casas

Operario de redes, militante da CIG e presidente do Comité de empresa de Viaqua da provincia de Pontevedra.

14 Vitor Almeida

Víctor Almeida Domínguez

Traballador da construción e delegado sindical da CIG. É tamén deportista federado, corredor de ultra-trails de longa distancia.

15 Zeltia Pino 1

Zeltia Pino Rodríguez

Ademais de ter o grao profesional en fagot, tamén é graduada en Educación infantil e estudante do grao en Educación primaria. Foi coordinadora xeral da Asociación Nacional de Estudantes de Educación, delegada do alumnado e secretaria da Banda de Música de Bueu.

16 Victor Cal 1

Víctor Cal Pérez

Este veciño de Ponte Sampaio é técnico especialista en análises clínicas e formador de formadores no departamento de formación, administración e vixilancia da saúde en Pontevedra. Tamén é unha persoa activa no movemento asociativo da súa parroquia.

17 Alba Cuba 2

Alba Cuba Dorado

Doutora en Ciencias do Deporte, triatleta e adestradora desta mesma especialidade deportiva. Actualmente é socia e traballadora dunh clínica pontevedresa.

18 Sebastian Filgueira

Sebastián Filgueira Conde 'Sesi'

Veciño do Centro histórico e empresario autonómo que mantén a testemuña da empresa familiar OLBE. Na actualidade está a emprender unha nova empresa no sector turístico.

19 Esperanza Marin 2

Esperanza Marín Magdalena

Esta artesá palilleira graduada en encaixe pola Escola Holandesa do Bordado é veciña de Monte Porreiro e presidenta da asociación de palilleiras A Fieitiña. Tamén é unha activa participante no movemento veciñal do seu barrio.

20 Uxia Couto

Uxía Couto Escobar

É graduada en Educación social, activa no voluntariado da Cruz Vermella e doutras entidades, amais de ser traballadora na animación socio-cultural.

21 Pedro Meilan

Pedro Meilán López

Técnico de sistemas informáticos e activista do movemento veciñal. Tamén e gaiteiro e participa na Asociación Cultural Trépia.

22 Marisa Sabajanes 1

María Luísa Sabajanes Torres

Veciña do Rañadoiro, de Ponte Sampaio, foi traballadora da Pontesa, militante da CIG, delegada sindical e participante activa do movemento asociativo da súa parroquia.

23 Victoria Canoura 1

Victoria Canoura Leira

Graduada en Dirección e Xestión pública, cun mestrado en Dirección pública e Liderado institucional, é profesora da área de Ciencia Política da Universidade de Vigo. Foi Concelleira do BNG no Grove.

24 Luis Bara 2

Luís Bará Torres

Licenciado en Filoloxía e profesor do IES Torrente Ballester. É deputado do BNG no Parlamento de Galiza e membro da súa Executiva Nacional.

25 Pilar Comesana

Pilar Comesaña Hermida

Concelleira de parroquias en Pontevedra desde o ano 2011, traballadora da Sanidade e activista cunha moi longa traxectoria no movemento veciñal pontevedrés.

Suplentes

26 Lola Dopico Aneiros

Lola Dopico
Torres

Esta profesora titular da Facultade de Belas Artes foi a impulsora da formación en Deseño de Moda na UVigo. Actualmente lidera O mestrado universitario en Deseño e Dirección Creativa en Moda.

27 Daniel Pampin

Daniel Pampín
Paz

Formado no instituto Carlos Oroza, este empresario pontevedrés partiu do negocio familiar para crear a panadería Amásame Bakery Lab.

28 Begona Mallo 3

Begoña Mallo Rei

Traballadora da Sanidade pública e delegada sindical da CIG-Sanidade, tamén é a presidenta da Asociación de Veciñas e veciños de Eduardo Pondal.

29 Victor Lueiro

Víctor Lueiro Lores

Médico de Familia no Centro de Saúde da Parda. Comprometido coa defensa dunha Sanidade pública galega e de calidade.

30 Luisa Marquez

Luísa Márquez Rodríguez

Profesora xubilada que segue implicada nos movementos de renovación pedagóxica como coordinadora estatal da Rede de Escolas da Unesco. É unha activa militante do movemento feminista pontevedrés e galego. Foi Premio Cidade de Pontevedra no ano 2012.

31 Florencio Chantrero

Florencio Chantrero
Filgueira

Veciño de Santo André de Xeve, é técnico de mantemento. Preside a Asociación Recreativa de Xeve.

32 Pilar Dopazo 1

Pili Dopazo Leirós

É auxiliar administrativa, cursando na actualidade o dobre grado de ADE e Economía na UNED de Pontevedra. Desenvolveu unha ampla actividade no movemento asociativo da súa parroquia de Lourizán. Foi a delegada do alumnado na UNED de Pontevedra e no Campus Noroeste da mesma universidade.

33 Xose Abilleira

Xosé Abilleira Sanmartín

Veciño de Monte Porreiro, licenciado en Filoloxía, profesor no Instituto de Soutomaior e presidente da Asociación Cultural Maio Longo. Ten numerosas publicacións sobre historia e literatura centradas principalmente na Boa Vila e na súa parroquia, Lérez.

34 Marta Gomez

Marta Gómez
Martín

Graduada en Ciencias do Mar e cun mestrado en técnicas de conservación de produtos da pesca, é a Secretaria Xeral de Galiza Nova. Tamén é rugbier do Pontevedra Rugby Club.

35 Hadrian Pernas 1

Hadrián Pernas Pardavila

Médico Internista na Unidade de Procesos Infecciosos de Montecelo. Activista na defensa dos dereitos LGBT+ en AvanteLGBT+. Participa na Asociación Cultural Trépia e no centro social A Pedreira.