A cea para celebrar Pontevedra que organiza o BNG mañá no Recinto Feiral colgou o cartel de “completo”. O responsable local da organización nacionalista, Demetrio Gómez explicou que neste momento estase a traballar coa lista de agarda.
O candidato á Alcaldía e alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores amosouse entusiasmado e expectante pola coa boa acollida que está tendo este encontro, tal e como adiantara hai escasos dez días. Tamén hai que lembrar que a cea do BNG xa se converteu nunha cita fixa no calendario político da cidade.
Como desvelara o alcalde de Pontevedra, á cea acudirá unha importantísima representación da sociedade pontevedresa: xente do rural, dos barrios, xente do centro, traballadores, empresas, autónomos, xente da cultura, xente da sanidade, xente de deporte, xente do ensino, da creatividade…
Lores asegurou que esta representación da sociedade pontevedresa ten tres características en común: o amor por Pontevedra, a confianza no seu futuro e a ilusión por compartir proxectos para que a cidade siga crecendo. En definitiva “únenos a paixón por Pontevedra”, indicou o candidato á Alcaldía.
A cita será mañá, venres, 17 de marzo, ás 21.30 horas. O acto comezará coa proxección dun vídeo sobre Pontevedra. Seguidamente intervendrá Miguel Anxo Fernández Lores que estará acompañado pola portavoz nacional do BNG, Ana Pontón. Ambos os dous serán presentados polas concelleiras Anabel Gulías e Eva Vilaverde.
As portas do Recinto Feiral estarán abertas dende as 20.45 horas.