XPO logo

Lores anima a Pontevedra a votar porque”temos moitísimos retos e soños por diante” 

O candidato á Alcaldía e alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores votou esta mañá ás 09.30 horas na Casa da Cultura da parroquia de Marcón.

Lembrou que as eleccións municipais son importantes porque “se trata de elexir quen vai tomar as decisións en beneficio da calidade de vida da xente”.

O candidato á Alcaldía e alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores exerceu esta mañá o seu dereito ao voto na Casa da Cultura de Marcón, parroquia na que reside. Arredor das 09.30 horas e acompañado de militantes e membros da súa lista, Fernández Lores animou aos pontevedreses e pontevedresas a votar “para que este concello siga avanzando de cara ao futuro. Temos moitísimos retos e soños por diante, e canta máis xente vote, mellor“.

Fernández Lores dixo que hoxe “é un día importante para Pontevedra”, e fixo un “chamamento á xente que veña a votar. Nas eleccións municipais sempre vota un pouco menos de xente que nas xerais, algo que é raro porque lle afecta á vida de todo o mundo, por iso creo que é importante que os cidadáns, vivan onde vivan, se acheguen a votar“.

Lembrou que “con máis porcentaxe de voto, máis acertado será o resultado porque opina máis xente, e neste sentido é importante porque se trata de decidir quen vai a tomar as decisións en beneficio da calidade de vida da xente“.

Finalmente concluíu que “é importante que este concello siga avanzando de cara ao futuro. Temos moitísimos retos por diante moitos soños por diante, e canta máis xente participe moito mellor“.

Miguel Anxo Fernández Lores.

Paixón por Pontevedra

Compartir: