A candidatura do BNG á Alcaldía de Pontevedra vén a incorporar un novo elemento de difusión da campaña a través das redes sociais do seu candidato Miguel Anxo Fernández Lores. Trátase dunha peza audiovisual chamada “Paixón por Pontevedra. A Conversa” na que o candidato conversa co escritor pontevedrés Rodrigo Cota sobre a actualidade política, a campaña, a situación da cidade…
Ao longo de toda a semana e até o vindeiro venres, 26 de maio, o candidato irá subindo ás súas redes até 8 pezas que serán extractos desa conversa sobre Pontevedra. Finalmente, o propio venres colgarase a conversa completa na canle de YouTube de Miguel Anxo Fernández Lores.
Na primeira, subida ás doce do mediodía nas tres redes de Lores: Facebook, twitter e instagram, o escritor Rodrigo Cota faille un rogo a Fernández Lores: que lle pida o voto.
Esta distendida peza audiovisual vén a sumarse a outras iniciativas que o BNG puxo en marcha nesta campaña co ánimo de renovar as iniciativas electorais e tratar de chegar a persoas alonxadas dos habituais circuítos de información.
Paixón por Pontevedra