LORES, PAIXÓN X PONTEVEDRA

- Favorecer a conciliación e a corresponsabilidade da vida persoal, laboral e familiar. - Fomentar o incremento da implicación social das mulleres, promovendo o asociacionismo e a súa participación activa na toma de decisións da comunidade. - Seguir avanzando na presenza símbólica das mulleres no espazo público recuperando a memoria e as súas biografías a través de homenaxes, campañas ou publicacións. - Seguir conquistando o espazo público físico, construíndo a cidade feminista e diversa onde as mulleres se sintan seguras e acollidas. 3- A POBOACIÓN XERAL: O feminismo non é só cousa de mulleres. Todas e todos temos que ser feministas para acadar unha sociedade máis xusta e equitativa, por iso é imprescindible dirixirnos ao resto da poboación a través de programas creados a man tenta para distintos colectivos e para público xeral. Debates, podcast, concursos fotográficos, de vídeo e de teatro son exemplos do que queremos facer. -Mediante a investigación e a análise dos diferentes sectores económicos faremos un mapa comparativo dos máis feminizados e menos feminizados, promovendo accións de denuncia e reparación. -Traspasar os prexuizos e facerlle chegar á toda a xente que a loita contra o patriarcado segue a ser imprescindible. - Romper co ritualismo de moitas campañas conmemorativas das datas que lembran a loita das mulleres para ir de verdade ao centro do problema, con propostas e mensaxes arriscadas e novas, que peten na conciencia colectiva, nomeadamente no 8 de marzo e no 25 de novembro. -Integrar a perspectiva de xénero nas políticas municipais, en todos os programas, actuacións, documentos... tanto do propio concello como das asociacións e empresas que traballen co concello. Nos casos en que for preciso, estabelecer parámetros de discriminación positiva. 2.D. A DIVERSIDADE A diversidade, garantía da igualdade Os concellos BNG deben ser vangarda na loita contra as desigualdades e discriminacións por orientación afectiva e sexual, identidade e ex-

RkJQdWJsaXNoZXIy MTEwNTI=