LORES, PAIXÓN X PONTEVEDRA

PROGRAMA DE GOBERNO 23-27

CARTA DO ALCALDE MIGUEL ANXO FERNÁNDEZ LORES AVANZAR CARA A PONTEVEDRA DO FUTURO PROGRAMA DE GOBERNO 1. ELEVADA CALIDADE DE VIDA 8 1.A. Avanzar na calidade do espazo público 9 Novas actuacións de urbanización 10 Sostemento do espazo público 12 1.B. Alumeado 14 1.C. Transporte público e coche de punto 14 1.D. Infraestruturas e dotacións 15 Equipamentos 15 Dotacións: Santa Clara e o Museo Nacional da Galiza 16 Ferrocarril e porto 17 Solo industrial 17 Infraestruturas 18 EMIP 18 1.E. Mobilidade e seguranza viaria 19 1.F. Rural 22 2. A MÁXIMA EQUIDADE 26 2.A. Benestar social: o dereito a unha vida digna 27 Compromiso coas persoas maiores 27 Apoio ao tecido asociativo 27 Emprego e inclusión socio-laboral 28 2.B. A vivenda 29 2.C. O concello feminista 30 2.D. Diversidade 32 2.E. Sanidade 33 2.F. Educación e infancia 34 2.G. A modernización da administración 35 2.H. Política fiscal 36 XESTIÓN FISCAL 36 PROPOSTAS EN MATERIA DE INGRESOS. OS IMPOSTOS 37 Imposto sobre os bens inmóbeis 37 Imposto sobre actividades económicas 38 Imposto sobre o valor dos terreos de natureza urbana 38 Medidas complementarias 38 Taxas e prezos públicos 38 Arrendamentos e concesións 39 Endebedamento municipal 39 Transferencias de capital 40 PROPOSTAS EN MATERIA DE GASTOS 40

3. PONTEVEDRA REFERENTE 41 3.A. Mobilidade e seguranza viaria 42 3.B. Cohesión e participación sociais 44 3.C. A bienal da creación e do deseño contemporáneo 47 3.D. O Museo Nacional da Galiza 48 4. A EXPLOSIÓN CREATIVA 49 4A. Economía creativa 50 4.B. Mocidade 51 4.C. TIC e administración electrónica 52 5. PONTEVEDRA DINÁMICA 53 5.A. Festas 54 5.B. Cultura 54 5.C. Deporte 56 5.D. Promoción económica e comercio 58 5.E. Turismo 60 6. RESPECTO POLO MEDIO 62 6.A. Residuos / recursos 63 6.B. Alumeado 63 6.C. Medio e ordenación do territorio 64 6.D. Monte vivo 65 6.E. O sistema ría/ríos 66 6.F. Ciclo da auga 68 6.G. Sanidade animal 69 7. ORGULLO DE PAÍS 71 7.A. Patrimonio 72 7.B. Promoción da cidade 73 7.C. Memoria histórica 75 7.D. Lingua 76

CARTA DO ALCALDE MIGUEL ANXO FERNÁNDEZ LORES Pontevedra é unha cidade marabillosa, na que as veciñas e veciños responden aos retos máis avanzados como ningunha outra cidade, cando menos das que eu coñezo. Pontevedra é capaz de lograr metas que outras cidades do mundo a duras penas imaxinan. Pontevedra é unha cidade enorme de ilusión, de ambicións colectivas. Pontevedra é un exemplo de veciñas veciños esixentes, pero con paixón por mellorar, por avanzar. Por isto estou cada vez máis namorado de Pontevedra e máis ilusionado por traballar para avanzar no futuro do noso concello. Atópome no mellor momento dende que son Alcalde de Pontevedra. Quero facer un recoñecemento e mostrar o meu agradecemento ás persoas, ás familias, ás empresas e ao funcionariado, á sociedade pontevedresa no seu conxunto pola súa actitude, pola súa disposición, creo que podo dicir pola súa valentía á hora de confrontar tanto a COVID, que tanto sufrimento trouxo e da que a sociedade pontevedresa se levantou con un vigor que me fai estar moi orgulloso, como a crise de prezos, polas dificultades económicas que trouxo á persoas, familias, empresas e administracións, e que tamén afrontamos como sociedade coa decisión, a valentía e a vitalidade que caracteriza á Pontevedra. Á maioría da sociedade pontevedresa, e a min en particular, as dificultades dannos motivación, fannos dar o mellor de nos mesmos. Non hai dificultades ou trabas que nos poidan quitar a ilusión dun futuro mellor, as ansias de avanzar. Ante as dificultades, máis ilusión, máis entusiasmo, máis empuxe, máis proxectos de futuro. Nunca dixen o que non sentía nin prometín o que non estaba seguro de poder cumprir e así quero que sexa tamén esta vez. Preséntome pensando en executar un proxecto a 8-10 anos vista, que nos permita dar un grande salto adiante, pensando en avanzar, avanzar, avanzar cada vez con máis ritmo. Quero que entre todas as persoas que lle queremos a Pontevedra abramos unha nova etapa a partires do 28 de maio de 2023. O feito en anteriores etapas, feito está, xa forma parte da historia do concello, creo que brillante e orgullosa, e servirá de punto de partida para traballar nesta nova etapa.

Quero que abramos unha nova etapa con novos retos, con novas propostas, con renovadas ilusións, unha nova etapa con fresca e entusiasta paixón por gañarmos o futuro. Para esta nova etapa que queremos abrir, propóñolle a cidadanía de Pontevedra os seguintes retos, os seguintes soños: O soño de ter unha cidade e un rural de elevada calidade de vida, O soño de que todas as veciñas e veciños de Pontevedra sexan tratados coa máxima equidade, O soño de lograr que Pontevedra sexa referente mundial en cada vez máis ámbitos, O soño de estimular e aproveitar a explosión de creatividade, O soño dun concello con un grande dinamismo social, económico, cultural e deportivo, O soño de poñer en valor todas as nosas potencialidades, O soño de ver Santa Clara, A Ría, A Xunqueira, o Monte a pleno rendemento, O soño do Museo de Pontevedra convertido no Museo Nacional de Galiza, O soño dunha nova xeira de infraestruturas e de ver rematada a Circunvalación. O soño dunha ecoloxía urbana de vangarda, da economía circular e de outras medidas contra o cambio climático. Estou convencido de que merece moito a pena loitar por estes soños colectivos, esforzarse por conseguilos. Estes soños merecen a nosa implicación, o noso compromiso con esta marabillosa cidade. Estes soños merecen a implicación de todas as persoas que lle queremos de verdade a Pontevedra. CON PAIXÓN POR PONTEVEDRA, AVANZAR, AVANZAR, AVANZAR.

AVANZAR CARA A PONTEVEDRA DO PORVIR PROGRAMA DE GOBERNO BLOQUE NACIONALISTA GALEGO

1. ELEVADA CALIDADE DE VIDA

1.A. AVANZAR NA CALIDADE DO ESPAZO PÚBLICO O obxectivo central de todas as medidas propostas polo BNG neste programa é facer avanzar Pontevedra, mellorar a vida de todas as persoas que vivimos no concello. A sociedade pontevedresa formulouse retos tan potentes ao longo das últimas décadas, que agora ten a oportunidade de avanzar até obxectivos de mellora e calidade do espazo público inimaxinábeis para outras cidades. Mentres outras cidades teñen que pensar en reformar unha praza, unha rúa, a contorna dun centro educativo, Pontevedra pode ver un futuro no que TODO o espazo público se trate cos mesmos criterios de equidade, calidade construtiva e mellora da calidade de vida. Cómpre avanzar para non voltarmos aos tempos nos que unhas partes da cidade eran máis importantes do que outras e as parroquias se trataban como o faiado da casa. O BNG propón avanzar na mellora do espazo público respectando cinco principios en cada proxecto que se poña en marcha: 1. O espazo público é un dereito universal básico, como o ensino e a sanidade, para a cidadanía e unha obriga da administración. Expulsar a cidadanía do espazo público é un grave atentado á igualdade de oportunidades. 2. A democracia directa nos espazos públicos, de xeito que a estrutura da cidade fomente a participación na vida pública a través dos seus espazos públicos. O bo deseño urbano debe ser para todas as persoas independentemente da súa renda ou situación social e familiar, pero é máis importante para as rendas máis baixas. 3. Prioridade absoluta para as persoas, porque ningunha vida pública se desenvolve entre automóbiles. 4. Equidade no uso dos espazos públicos. Cómpre garantir a toda a cidadanía unha posibilidade real de movemento e estancia nos espazos públicos, especialmente ás persoas que precisan especial atención: sobre todo nenos e nenas, anciáns e anciás e persoas con diversidade funcional. 5. Feminización do espazo público: sen a ollada do feminismo non se poden deseñar espazos públicos amábeis, tranquilos e seguros para todas as persoas, especialmente para as mulleres, eliminando a violencia de calquera orixe. Unha cidade segura, máis xusta e equitativa, onde as mulleres conquistan o espazo público tamén no simbólico. O feminismo permítenos pensar nunha cidade diferente, alonxada da especulación e

achegada a toda a a cidadanía, máis sustentábel medioambientalmente, que recolle as necesidades dunha poboación diversa e que permite a participación da cidadanía no deseño e desfrute dos espazos público. Estes cinco principios son a garantía de avanzar de xeito equitativo, respectando os mesmos dereitos, para todas as persoas, independentemente de que vivan no centro, nun barrio ou nunha parroquia, á hora de levar estes proxectos á práctica cómpre unha dupla liña de actuación sobre o espazo público. NOVAS ACTUACIÓNS DE URBANIZACIÓN Novas actuacións de urbanización e reurbanización do espazo público que permitan mellorar a calidade de vida das persoas que vivimos en Pontevedra independentemente de se o facemos no centro, nos barrios ou nas parroquias. Todos os proxectos que desenvolva o goberno de Pontevedra deben buscar mellorar a vida das persoas, tanto se se trata de grandes actuacións como se falamos de obras de menos entidade orzamentaria ou territorial pero que inciden igualmente nas necesidades transmitidas pola cidadanía, é dicir, para que as veciñas e veciños de Pontevedra vivan mellor tan importantes son grandes investimentos como a praza de Barcelos como as pequenas intervencións do tamaño da rúa do Castañal e o sostemento do espazo público. Isto pode resumirse nas seguintes propostas: .- OS SUMINISTROS de calquera clase de materiais que se utilicen debe estar producidos na proximidade de Pontevedra, tamén para xerar a menor contaminación no seu transporte. .- NO ALUMEADO hai que garantir que as persoas con dificuldades se orienten con completa autonomía e que as mulleres, e por extensión todas as persoas, se atopen nun espazo seguro. Para iso cómpre rematar a sustitución de todo o alumeado por led, tamén para avanzar na mellora da eficiencia enerxética. .- A ACCESIBILIDADE debe ser universal para calquera tipo de difucultade de mobilidade ou sensorial. .- O MOBILIARIO URBANO ten que ser accesíbel e de altísima calidade, pensado para que as persoas compartan espazos e veciñanza e non so na súa estética e funcionalidade. .- Proponse renovar todos OS SERVIZOS (rede de saneamento de augas fecais, rede de abastecemento de auga, rede de pluviais, rede eléctrica

para o alumeado, rede semafórica, etc) sempre que sexa necesario e buscando sempre deixar a menor pegada no ambiente. O BNG propón comezar por aqueles proxectos que teñen un maior grao de madurez na súa tramitación, porque isto é a mellor garantía de conseguir para Pontevedra fondos de outras administracións, nomeadamente os Next Generation, e outros que se vaian convocando. Serán así prioritarias as actuacións de .- Incrementar e protexer as zonas de uso público, convivencia e lecer, que inciden directamente na calidade de vida tanto no rural como no urbano, e son unha necesidade urxente: prazas, rúas, parques, xardíns, equipamentos colectivos… .- Reforma integral da fachada marítimo fluvial, dende os terreos da antiga TAFISA até o novo vial de conexión entre a estrada de Marín e a autovía en Mollavao. Nestes proxectos están a reforma integral de Rosalía de Castro, a mellora da beira do río e o Proxecto A Moureira. .- Tratamento funcionalmente integral do eixo Eduardo Pondal - Augusto García Sánchez - Raíña Vitoria - Rúa de San Roque/Paseo de Colón/Alameda-Echegarai suprimindo tráficos de paso e reforzando o seu carácter peonil, tanto con traballos de sostemento (en Augusto García Sánchez, por exemplo) como con outros de maior entidade (os previstos na Pz. da Liberdade, tamén a modo de exemplo). .- Inclusión do ámbito do sur-leste urbano até o límite formado por Raíña Vitoria, Rosalía de Castro, Augusto González Besada, Praza de Galiza, Andrés Muruais, Peregrina, Frei Xoán de Navarrete e Sagasta no centro da cidade. Nomeadamente, son obxcectivos prioritarios a contorna do goberno militar, as rúas Castelao e Daniel de la Sota e o eixo Andrés Muruais-García Camba-Oliva-Riestra. .- Atención especial ao barrio de Monte Porreiro para dotalo de altísima calidade urbana atendendo ás súas características especiais de afastamento da cidade central, deseño propio e contorna natural. O BNG adicará os máximos esforzos no desenvolvemento do “Obxectivo MP30”. .- Intervencións no barrio de Campo Longo, nomeadamente nas rúas María Vitoria Moreno, Iglesias Vilarelle, Taboada Nieto e A Taboada. .- Dotación de novos núcleos de centralidade, a comenzar tamén polos proxectos máis avanzados de Ponte Sampaio, Santa María de Xeve e

Verducido e con intención de obter espazo para a vida social en cada unha das 15 parroquias. .- No barrio do Burgo, no que xa ten financiamento dos fondos Next Generation a rehabilitación integral da Santiña, que é o derradeiro treito urbano do Camiño de Santiago, tamén cómpre ter presentes as necesidades doutros lugares como a rúa do Cordón. Para a mellora integral do Burgo faise imprescindíbel a construción da Variante de Alba e a retirada do tráfico de paso. .- Reforma integral da Avda. de Lugo entre a rúa de Virxinia Pereira e a rotonda de Santa Margarita. .- Completar actuacións naqueles barrios onde os espazos sen reformar son máis reducidos con obras como a rúa do Castañal ou a rúa Luís Seoane. .- Acometida dos proxectos de mellora do espazo público no rural cos mesmos criterios de calidade construtiva e mellora da calidade de vida que no centro e nos barrios da cidade adaptados á realidade rural1. .- Seguir avanzando no control do nível de ruído (o producido polo tráfico, o ocasionado polas diversas actividades empresariais e o relacionado co ocio) e outros tipos de contaminación para favorecer a convivencia urbana. Pontevedra conta para este obxectivo coa Ordenanza contra a contaminación acústica, unha das máis avanzadas e restritivas de Galiza, que se aplicará estritamente, ao igual que todos os instrumentos normativos, de xestión e disciplinarios necesarios para lograr estes obxectivos. .- Completar a mellora e renovación da rede de alumeado público, tanto na cidade como no rural, cos criterios de aforro enerxético, eficiencia lumínica e calidade técnica e estética empregados nos últimos anos. Introducir elementos e actuacións de racionalización do consumo. SOSTEMENTO DO ESPAZO PÚBLICO A calidade urbana non precisa só de novas actuacións, senón que é máis que necesario tamén o sostemento de todo o que se leva avanzado. Arestora Pontevedra xa conta cun servizo de sostemento que integra a inspección do espazo público, a programación das accións de mantemento e a súa execución, polo que estamos en condicións de avanzarmos cara a completa excelencia. O sostemento do espazo público é un traballo colectivo no que á cidadanía pode participar de xeito directo, tanto cos coidados como conver-

téndose nun axente fundamental á hora de informar das necesidades que observan ao seu arredor. Neste sentido afondarase na dotación de medios que faciliten informar ao servizo de sostemento das necesidades e problemas que poidan aparecer. En calquera caso, é un obxectivo de primeira orde para o BNG que a administración municipal atenda especialmente ao sostemento de todos os espazos tanto urbanos como rurais e para iso buscarase: 1. Mellorar o funcionamento do servizo de inspección. 2. Programar as nosas actuacións con criterios de atención á maior cantidade de veciños e veciñas posíbel. 3. Tratar con equidade o centro, os barrios e as parroquias. 4. Manter o mobiliario urbano en bo estado de uso, principalmente bancos, papeleiras, pasamáns ou paradas de transporte público, entre outros. 5. Prestar especial atención ao funcionamento do alumeado instalado e dotarnos dos medios suficientes para reparar as incidencias no prazo máis breve. 6. Garantir a accesibilidade universal, priorizando os desprazamentos peonís. 7. Atender ao bo aspecto de todos os elementos instalados no espazo público (mobiliario, farois, armarios de servizos . . .). 8. Dar prioridade ao coidado e sostemento do arborado urbano e dos alcorques nos que se ubica con criterios de respecto pola planta e de accesibilidade universal. 9. Manter en bo estado de uso toda a sinalización horizontal, vertical e lumínica, sobre todo pola súa función primordial para garantir a seguranza viaria. OS PARQUES E XARDÍNS son unha parte moi importante do espazo público e con características especiais. Por unha parte nos xardíns hai seres vivos que precisan dunha programación estrita e por outra porque os parques son un espazo básico para a relación social, o benestar das persoas que o desfrutan acotío e para o control das temperaturas que se prevé co cambio climático. Afondarase na colaboración cos centros educativos e sociais, involucrando así á sociedade no seu sostemento.

O BNG comprométese en atopar fórmulas sustentábeis para o mantemento dos xardíns nos espazos públicos. Asemade, o BNG compremétese a dedicar todos os esforzos municipais ao mantemento nas mellores condicións dos parques infantís. 1.B. ALUMEADO Na iluminación das vías e espazos públicos debemos ter en conta dous aspectos fundamentais: por un lado, os servizos que presta e, por outro, os seus aspectos ecolóxicos. Existiu controversia sobre a necesidade e utilidade da iluminación pública. De feito, incluso se chegou a propor a súa diminución, ou a súa supresión, cando menos parcial. Esta formulación é demasiado superficial, xa que non analiza as vantaxes que dá unha boa iluminación: favorece o andar, dá seguranza e sensación dela, evita usos indesexábeis, correspóndese cos hábitos de vida actuais e contribúe moitísimo á calidade de vida urbana e rural. Mesmo en países onde a iluminación pública non foi tradicionalmente unha faceta moi coidada (especialmente nos países nórdicos), xorden dende hai tempo voces para que se corrixa esta deficiencia e están adoptando medidas neste dirección. Polo tanto, seguimos propondo unha iluminación pública de máxima calidade e axeitada a cada tipo de espazo público, pero estudando, se fose necesario, algunha limitación horaria cando se comprobe a carencia de uso. De existir esta situación, serían casos moi excepcionais e valorados coa participación da veciñanza. Por outro lado, é certo que todo consumo enerxético debe reducirse ao máximo para evitar un gasto desmedido e insostíbel. Nesta liña, completaremos o paso á tecnoloxía LED de todo o alumeado tanto rural como urbano e afondaremos, sempre que sexa posíbel, na xeración de enerxía para autoconsumo. 1.C. TRANSPORTE PÚBLICO E COCHE DE PUNTO A enorme importancia da mobilidade fixo e fai que consuma unha enorme cantidade de recursos, públicos e privados. Paralelamente, é un dos campos mellor estudados e sobre o que se ten acumulado unha

maior cantidade de coñecemento. Podería, pois, semellar unha área na que existen consensos e protocolos sobre como actuar e que medidas adoptar. Non obstante, é sorprendente que existan abundantes exemplos de medidas irracionais no eido do transporte público, como son a proliferación de aeroportos sen volumes de tráfico aéreo que os xustifique, liñas de metro e de tranvía que son unha ruína en termos económicos e sociais ou liñas de autobuses antiecolóxicas e insustentábeis que fan viaxes sen apenas viaxeiros. Na actualidade, Pontevedra conta coas bases necesarias para ter un transporte público intermodal adaptado ás necesidades dunha cidade galega do século XXI. Hai un servizo de bus urbano que dá servizo ao barrio de Monte Porreiro e conecta os principais centros educativos, administrativos e sanitarios do concello; a nova estación intermodal conecta os servizos de bus, tren e taxi; a nova ordenanza do taxi garante un período de avances para este servizo e, por fin, están dados todos os pasos para botar a andar o servizo do coche de punto nas parroquias. • Pór en funcionamento o servizo de coche de punto ás parroquias. • Estudar as melloras que se poidan facer nas dúas liñas de transporte urbano tanto para adaptar os trazados como para mellorar as paradas e a información que se presta a todas as persoas usuarias e ás súas necesidades. • Esixir a implantación do tren de proximidade, nomeadamente entre Pontevedra e Vigo polas vantaxes que suporía en frecuencias e prezos. 1.D. INFRAESTRUTURAS E DOTACIÓNS EQUIPAMENTOS Despois dun enorme esforzo por tensar todas as posibilidades que o actual Planeamento e os recursos municipais podían dar de si, estamos hoxe nunha situación na que a dotación de equipamentos comunitarios, sexan culturais, deportivos ou de outro tipo, están chegando a todos os barrios e parroquias nun esforzo sen precedentes. A rede de Centros Sociais e instalacións deportivas xa construídos ou en marcha están a cubrir todo o territorio do concello en función das súas necesidades.

De todos xeitos, nesta altura do século XXI, algunhas instalacións precisan ser acondicionadas ás novas necesidades que foron xurdindo dende a súa posta en funcionamento e é preciso acomodalas ás demandas sociais, cada vez máis elevadas e que serven para manter Pontevedra na vangarda. Para o próximo mandato son obxectivos do BNG: • Mellorar a rede equipamentos sociais e deportivos adaptándoos ás demandas sociais e ás necesidades actuais cos máis avanzados estándares de calidade. • Reforzar o mantemento das instalacións municipais, dado que o seu uso fai que se produza un inevitábel desgaste. GRANDES DOTACIÓNS: SANTA CLARA E O MUSEO NACIONAL DA GALIZA Hoxe en día xa pasaron os tempos en que se propuñan, e mesmo se executaban, novas dotacións faraónicas, sen pensar nos recursos públicos necesarios nin nas repercusións no territorio, sen ver que en moitos casos os recursos xa existían e só era preciso repensar os seus usos. As consecuencias vense en todas as cidades. En Pontevedra algúns dos edificios que estaban abandonados, vítimas destas dinámicas perversas, afortunadamente están rehabilitados e con novos usos. Eis os casos do edificio da Xunta da rúa Benito Corbal ou antigo cuartel da Garda Civil. Outros edificios xa se renovaron, caso da Estación Intermodal que ten unha nova vida por diante, e outros, como acontece co Hospital de Montecelo, están a ser ampliados para responder ás necesidades actuais. De todos os xeitos, aínda queda moito por facer tamén neste ámbito, como demostra o estado do antigo Edificio de Hacienda, unha mostra no medio da cidade dos esquecementos do goberno do Estado con Pontevedra. O Concello de Pontevedra, da man do BNG, negociará co resto das administracións (Deputación, Xunta, Estado, Universidade de Vigo . . .) para buscar unha nova vida aos edificios que poidan estar sen uso ou infrautilizados, optando sempre por equipamentos e dotacións o máis integrados posíbel na cidade e coas solucións económicamente máis sustentábeis, de carácter público e que non estraguen territorio innecesariamente. A incorporación do Convento de Santa Clara á vida cidadá é o principal reto que temos por diante como sociedade e vai marcar o devir da Pontevedra dos vindeiros decenios.

Convertir esta xoia do patrimonio histórico da cidade nun elemento dinamizador da actividade cultural, será a segunda fase desta operación, que comezou coa compra por parte do Concello e a posterior cesión á Deputación para convertilo no séptimo edifício do Museo de Pontevedra. Pontevedra colaborará en todo o que estea nas súas competencias para que este novo espazo impulse ao Museo de Pontevedra até Museo Nacional de Galiza. Garantirá o goce dos xardín por parte da veciñanza e o aproveitamento da igrexa como sala de usos múltiples para a organización de actividades culturais, ambos os dous espazos plenamente incorporados á vida cidadá pontevedresa. FERROCARRIL E PORTO Coas obras do tren de alta velocidade rematadas, entendemos que, no relativo á infraestrutura ferroviaria, Pontevedra está en boa situación, cando menos para os viaxeiros. Restaría acadar a implantación dun tren de proximidade entre Pontevedra e Vigo. En moi diferente situación están o tren ao porto e o propio porto, actuacións mal xestionadas e tramitadas dende o seu inicio, nos anos 90, e que desembocaron nunha precariedade e conflitividade extremas. A situación ten difícil solución e deben ser as entidades que a provocaron as que xestionen a saída. O BNG tivo sempre unha posición clara en defensa do porto, pero advertindo de que non podía ser un polígono industrial nin debían facerse mal as tramitacións. O BNG manterá o esforzo de toda a maquinaria municipal para tentar evitar que o goberno de España execute os pasos soterrados na praza dos Praceres. Continuamos mantendo a proposta de tramitar terreos para un porto seco e colaboraremos, caso de ser necesario, na súa consecución. SOLO INDUSTRIAL Pontevedra é a día de hoxe unha cidade xeradora neta de emprego e cunha sociedade altamente dinámica, activa e emprendedora, mais moi constreñida a nível de dotación de solos para actividades industriais, posto que todos os existentes están ao límite das súas posibilidades. O Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais de Galiza, aprobado pola Xunta en 2014, garante a posibilidade dunha tramitación rápida para a ampliación do polígono do Campiño, polo que o Concello de Pontevedra seguirá a demandar á Xunta de Galiza a súa ampliación e colaborará con ela para que se leve a cabo coa maior celeridade.

Esta opción non pecha a posibilidade de que Pontevedra se dote de novos terreos para desenvolvemento industrial. INFRAESTRUTURAS No ano 2004, Pontevedra definiu a súa rede de infraestruturas de comunicación na coñecida como Mesa M4 onde estaban presentes o Concello, a Deputación, a Xunta de Galiza e o Estado. O concello ten cumpridos boa parte dos compromisos que adquiriu daquela e a Deputación está a facer un grande esforzo para cumprir a súa parte. Velaí están a Ronda Leste, a ponte das Palabras, os accesos a Monte Porreiro polos Campos e dende Lérez, a tramitación do by-pass de Mollavao e a mellora da estrada de Tomeza, cuxo convenio está a piques de ser asinado. Desgrazadamente non se pode dicir o mesmo dos proxectos da Xunta e do Estado que padecen unha tramitación lentísima cando non parálises, retrasos e mesmo boicotes. Véxanse o paseo a Marín, a autovía A-57 e o novo vial de Mollavao, imprescindíbel para incorporar este barrio a Pontevedra con máis alta calidade de vida. O Concello esixirá ao resto das administración a execución das infraestruturas que lles corresponden. O concello de Pontevedra, en función das súas competencias e posibilidades, ofrecerá toda a colaboración ao resto das administracións para desenvolver estas actuacións. O BNG recolleu as súas propostas sobre infraestruras e a relación con outras administracións na Estratexia de Mobilidade Integrada de Pontevedra - EMIP da que recollemos aquí os seus compromisos e obxectivos: • O paseo a Marín pola beira da Ría atópase parado tras completarse a primeira fase. É necesario para acadar a conexión peonil pola fronte marítimo fluvial dende Cerdedo Cotobade até Marín completando o actual paseo até O Cabo, Lourizán, e, posteriormente buscando a conexión con Marín. • O novo vial de Mollavao de conexión da Avda de Marín e Rosalía de Castro. Sen a súa execución non se pode desenvolver a reforma urbana integral do derradeiro treito de Rosalía de Castro. • A autovía A-57 é a circunvalación exterior que precisa Pontevedra, a única capital de provincia de todo o Estado que aínda non conta con este servizo. Esixiremos o seu trazado integral de Sur a Norte do concello.

• A variante de Alba entre as estradas de Santiago e Vilagarcía. A conexión entre a N-550 e a PO-531, concibida como unha rúa aberta, dará servizo á veciñanza que viva nas súas beiras, mellorará a seguranza viaria peonil no Camiño de Santiago, eliminará o funil do tráfico pesado en San Caetano, retirará tráfico de paso da beira do Lérez, mellorará os accesos de Alba e Campañó ao seu centro de saúde e as comunicacións interparroquiais e aliviará os problemas de excesivo tráfico en vías parroquiais ou rúas urbanas como poidan ser Leborei e a Rúa do Cordón. • A PO-531 (estrada de Vilagarcía) na parroquia de Campañó; a N-550 (estradas de Vigo e Santiago) nas parroquias de Cerponzóns, Alba, Lérez e Salcedo; a PO-223 (estrada de Campo Lameiro) en Lérez e Santo André de Xeve; a N-541 (estrada de Ourense) en Mourente e Bora; a PO-532 (estrada de Ponte Caldelas) en Mourente e Marcón; a PO-542 (estrada O Pino-Bora) en Marcón e Bora; a EP-002 (estrada de Tomeza) e a EP-0012 (estrada de Figueirido) en Salcedo teñen que ser dotadas de seguranza viaria de xeito que se facilite a mobilidade activa peonil e ciclista e se mellore a calidade de vida das veciñas e veciños que viven nas súas contornas. • O Nó de bombeiros é unha conexión imprescindíbel para que a Ponte das Correntes adquira todo o seu sentido e funcionalidade. • A Ponte da Barca ten que ser a conexión prioritaria para os desprazamentos peonís e ciclistas entre Pontevedra e Poio. • Eliminación da contaminación acústica producida pola AP-9 e o camiño de ferro con intervencións non agresivas integradas no territorio. • Os pasos soterrados baixo o tren nos Praceres: o concello de Pontevedra continuará a esixir ao ministerio por todos os métodos ao seu alcance que non se estrague a praza dos Praceres deste xeito. 1.E. MOBILIDADE E SEGURANZA VIARIA Cando no ano 1999 se retiraban os vehículos do centro histórico ou cando no ano 2003 se colocaba o primeiro redutor físico da velocidade nas Corvaceiras, Pontevedra comezaba a dar os primeiros pasos dun camiño de éxito que hoxe ten o noso concello convertido nun referente mundial, tal e como acreditan os numerosos premios e recoñecementos recibidos. En todo caso o máis importante éxito colectivo é non padecermos ningunha morte por violencia viaria nos últimos 12 anos.

Entregar a cidade aos vehículos, ás súas “necesidades” de mobilidade e estacionamento, provocou nas cidades importantísimos problemas de inseguridade, de contaminación ou de falta de autonomía para as crianzas e as persoas de máis idade. Ademais, é un factor importantísimo para acrecentar a crise climática cuxos efectos padecemos a cada día de xeito máis agudo. Os problemas de contaminación e a emerxencia climática, están obrigando a moitísimas cidades de todo o mundo adoptar medidas extremas, agresivas e discriminatorias para solucionar os problemas que Pontevedra sabe abordar mellorando a calidade de vida das súas veciñas e veciños. Neste sentido, nos vindeiros anos, o principal reto que van ter que enfrontar as cidades de máis de 50.000 habitantes de todo o Estado é a implantación das Zonas de Baixas Emisións e van ter que facelo cunha lexislación moi restrictiva que aposta nun modelo discriminatorio pola esixencia de investir na renovación dos vehículos ou no pagamento dunha peaxe por circular ou estacionar, coas consecuencias negativas obvias para as rendas medias e baixas e para o comercio de proximidade. Eis a disxuntiva que se formula nos vindeiros anos: ou avanzar cun modelo de éxito como o de Pontevedra ou recuar cara un modelo no que os vehículos de quen poidan pagar invadan outra vez o espazo das persoas. Neste contexto onde Pontevedra é unha das moi poucas cidades do Estado co seu PMUS aprobado e a súa ZBE xa deseñada e ratificada, o BNG propón os seguintes obxectivos para avanzar: • Garantir unha mobilidade equitativa - que non esixa investimentos nin o cobramento de peaxes por circular ou estacionar en ningunha zona do concello. - que trate igual o centro, os barrios e as parroquias. Todos os obxectivos e medidas concretas que se relacionana a seguir, contribúen a este obxectivo: • Priorizar a mobilidade activa peonil e ciclista e rehabilitar de xeito progresivo o espazo público en todo o concello para facelo seguro e con sensación de seguranza. Neste sentido, considérase prioritaria a atención a toda a fronte marítimo-fluvial e a súa conexión e aqueles barrios e parroquias nos que hai

proxectos en máis alto grao de maduración (Rosalía de Castro, A Santiña, rúa do Castañal, Luís Seoane, Almirantes Matos e os núcleos de centralidade de Santa María de Xeve e Verducido). As conexións peonís e ciclistas con outros concellos, onde pode abordarse o carril bici (e nalgúns casos as interparroquiais) esixen demandas a outras administracións para levaren a cabo promesas longamente incumpridas (paseo a Marín e urbanización da estrada de Vigo polo goberno do Estado e estradas de Vilagarcía, Campo Lameiro e Ponte Caldelas pola Xunta de Galiza, conexión ciclista Pontevedra-Marín). • Continuar reducindo o tráfico de paso e de axitación, que reduce a emisión de gases contaminantes, elimina ruídos innecesarios, mellora a distribución de último quilómetro e facilita a cada veciña e veciño a utilización do seu vehículo cada vez que o precisar. Eduardo Pondal é a zona da cidade con maior nível de tráfico de paso innecesario e, polo tanto, deberá ter un tratamento especial para reducilo. Por outra parte, a conexión de Monte Porreiro coa avenida de Bos Aires está duplicada, o que debe terse en conta para suprimir todo o tráfico innecesario da beira do río. Retirar tráfico de paso tamén esixe unha nova conexión entre as estradas de Santiago e Vilagarcía, a coñecida como variante de Alba, tamén para evitar funil para camións de San Caetano e, por suposto, para facer máis seguro o Camiño de Santiago. O BNG tamén vai esixir que se execute o Nó de Bombeiros, conexión prioritaria coa AP9 e imprescindíbel para tirarlle todo o rendemento á Ponte das Correntes. Este obxectivo é especialmente importante nas contornas dos centros escolares, deportivos, sanitarios e a administrativos para gañar en sensación de seguranza viaria. Por fin, hai que atender ás necesidades que xurdan para completar a rede de estacionamentos de borde. • Atender prioritariamente ás persoas con máis necesidades e dificuldades de mobilidade. No concreto comprometémonos a adaptar os semáforos para as persoas cegas e a colaborar coas entidades representativas para garantir unha accesibilidade realmente universal no espazo público. • Prestar especial atención ás zonas de maior atracción de persoas para garantir a mobilidade peonil nos ámbitos de maior atracción de

persoas, especialmente nos xa citados centros escolares, deportivos, sanitarios e administrativos e tamén nas paradas do transporte público colectivo ou de taxis. 1.F. RURAL En Pontevedra, soñar cun rural con dignidade e orgulloso de si mesmo non é unha utopía, é unha realidade. Fomos quen de loitar con exito, dentro do contexto galego, contra o continuo despoboamento que sofre a maioría das zonas rurais mediante políticas eficientes e respectuosas co medio. A pandemia que acabamos de superar puxo de manifesto a enorme importancia que ten o rural galego como lugar de esparcimento, socialización e de vida. As cidades volveron mostrar as súas dificultades, polo que houbo habitantes delas que amosaron a súa intención de volver vivir nas parroquias. Sen embargo, tamén moitas persoas se deron conta do enorme traballo que habería que facer para dignificar a vida rural, tan desprezada polas políticas europeas, centrais e autonómicas, e que levaron ao desmantelamento case total do sector primario no noso país e provocaron un avellentamento poboacional. No BNG apostamos pola participación social para pór en marcha iniciativas que dotaron as parroquias de calidade de vida igual á das cidades con infraestruturas, equipamentos sociais, deportivos ou recriativos e núcleos de centralidade sempre tendo en conta as características e realidades de cada parroquia. Non só queda moito por facer, senón que podemos formularnos retos que noutros ámbitos rurais case non dan nin imaxinado. O BNG recoñece a imperiosa necesidade de formular retos e obxectivos colectivamente, co Concello e cos sectores máis dinámicos de cada parroquia, coas asociacións veciñais, culturais ou deportivas, co tecido empresarial ou coas comunidades de montes e de augas. O importantísimo traballo feito até o de agora polos Consellos Parroquiais convérteos na ferramenta imprescindíbel para a toma das decisións máis importantes na vida de cada parroquia e o seu funcionamento xa testado fai que, a partir de agora, poidan ter unha vida renovada e chea de folgos. Nesta liña de avance na xestión democrática do concello o BNG comprométese a pór en marcha unha plataforma dixital que mellore e axilice o sostemento do espazo público no rural facilitando op traslado

daquelas pequenas deficiencias (puntos de luz, fochancas, desbroces…) que en moitos casos son específicas das parroquias rurais. Nas parroquias de Pontevedra o BNG comprométese a: .- Continuar coa creación de novos núcleos de centralidade, como xa se fixo en Salcedo, Tomeza, Marcón e Campañó; mellorando as contornas dos lugares de convivencia das parroquias. A experiencia acumulada no deseño dos núcleos de centralidade, espazos de socialización e dinamización fundamentais para cohesión social, abren todo un abano de posibilidades para mellorar os existentes e abordar os novos con amplas garantías de éxito. Considéranse prioritarios os seguintes investimentos e traballos: • Mellora da seguranza viaria no CEIP Parada de Campañó. Crearase un núcleo de centralidade facilitando os desprazamentos a pé e recuperando lugares cun gran valor patrimonial da zona. • Continuar na mellora do núcleo de centralidade de Santa María de Xeve acondicionando os espazos da contorna do antigo concello e da igrexa. • Consolidación e ampliación do núcleo de centralidade de Salcedo: mellora da mobilidade peonil entre a Casa Verde e o CEIP Cabanas e habilitación de estacionamento disuasorio. • Posta en marcha do núcleo de centralidade de Verducido na contorna do adro da igrexa. Calmado de tráfico, acondicionamento de espazos de estancia e desmonte do palco da festa. • Mellora do espazo exterior do local social de Sabarís en Campañó, preparando o terreo colindante para aparcamento que de servicio á veciñanza que acuda ás actividades. • Novo parque infantil en Bora, coordinado coa comunidade de montes de Castro Lampán. O coidado do noso patrimonio e a posibilidade de darlle nova vida, de permitir que sexa ocupado pola veciñanza é tamén un obxectivo irrenunciábel. Temos que sinalar que no vindeiro mandato o goberno do BNG vai apostar pola: • Rehabilitación da contorna de San Cibrán en Tomeza, incluíndo a reconstrución do mirador do campo da festa.

• Supresión do antigo palco da festa de Bora e rehabilitación do espazo perimetral do cemiterio e a Igrexa. .- Ampliar a rede de centros sociais e conservar no mellor estado os equipamentos xa existentes. O rural pontevedrés ten a mellor rede de centros sociais autoxestionados de todo o país, mais cómpre ampliala coa construción dos locais de: • Bora. • Acevedo. • Ponte Sampaio. .- Igual que no resto das infraestrutras, dotacións e equipamentos é imprescindíbel a conservación en bo estado da rede existente e a adaptación ás necesidades actuais os centros que xa teñen un tempo. .- Apostar nas grandes infraestruturas, tan necesarias para o desenvolvemento económico e social das nosas parroquias, priorizando vías de comunicación que eliminen os tráficos de paso de vías de menor capacidade2. O BNG considera imprescindíbel a construción da Variante de Alba como unha rúa aberta e así o esixirá á Xunta de Galiza, por canto é unha obra que precisa o concello enteiro e que vai supor un salto na calidade de vida de Lérez, Alba e Campañó de altísimo calibre. .- Continuar co acondicionamento das pistas e camiños no rural adaptándoas ás necesidades da veciñanza e apostando pola seguranza viaria e investir en obras que son demandas sentidas de cada parroquia de Pontevedra. Neste ámbito, son obxectivos prioritarios para o BNG: • O Bispo e O Riveiro en Campañó. • Gatomorto en Santa María de Xeve. • Casaldourado, O Ramallás e O Castelo en Lérez. • Rehabilitación integral da rúa San Cristovo de Lourizán: substitución de canalizacións en mal estado, asfaltado e reestruturación das zonas de aparcamento. • Rematar co cambio de luminarias nas tres parroquias que faltan: Lérez, Tomeza e Salcedo, conseguindo así dar un paso mais na loita contra o cambio climático e reducindo drasticamente o consumo enerxético.

.- Continuar promovendo a seguranza viaria nas nosas parroquias, reducindo e freando o tráfico onde sexa necesario consensuando coa veciñanza cales deben se eses puntos. .- Reforzar, na medida do posible e onde sexa máis necesario, a limpeza das beiras dos camiños máis transitados, para así favorecer os tráficos peonís. .- Dotar de rede de abastecemento todos os locais municipais situados nas parroquias con rede municipal. .- Favorecer o acceso ás novas tecnoloxías da veciñanza do rural promovendo o seu uso, sobre todo por parte das persoas máis maiores, realizando cursos que os axuden a reducir a fenda tecnolóxica, facilitanto o acceso dixital aos servizos que para eles son máis necesarios. Especialmente farase unha campaña para facilitar o acceso de todas as persoas do rural ao Coche de Punto. .- Potenciar a nosa cultura e raíces fomentando o coñecemento da mesma a través de convenios con colexios, institutos e entidades asociativas culturais que den a coñecer a nosa música, as nosas cancións tradicionais e o noso baile, especialmente entre a poboación máis nova. Facer posible o acceso dos rapaces e rapazas ao coñecemento do noso patrimonio cultural. .- Fomentar actividades de lecer nos locais sociais ou entre locais de distintas parroquias como se está facendo en programas de Bótalle un conto.

2. A MÁXIMA EQUIDADE

2A. BENESTAR SOCIAL: O DEREITO A UNHA VIDA DIGNA O BNG entende que os Servizos Sociais son un dereito universal e, por tanto, debemos garantir que os recursos sexan repartidos con criterios claros, planificados cunha visión global do País, con xustiza e que cumpran os obxectivos para os que son destinados. Os servizos sociais son unha cuestión de dereito a vida digna, por tanto non poden depender da circunstancias particulares de cada concello, senón que todos os galegos e galegas deben poder gozar dos mesmos recursos e recibir a mesma atención, independentemente do lugar de residencia. É por iso que a nosa primeira medida consiste en esixir da Xunta da Galiza o cumprimento das súas obrigas, como administración competente na atención social no conxunto do País. Con todo, debemos partir da situación actual e xestionar os recursos e competencias que a Xunta pon en mans dos concellos, e nese sentido o noso compromiso comprende: COMPROMISO COAS PERSOAS MAIORES A pirámide demográfica indica que Europa está envellecendo. O número de crianzas non é dabondo para o recambio xeracional e as melloras sanitarias e sociais aumentaron moito a esperanza de vida. Estes dous aspecto conflúen nun importante incremento do número de persoas maiores que precisan coidados e atención. Pontevedra é das cidades que mellor comportamento ten no que respecta a media de idade da poboación, pero aínda así, o número de maiores segue subindo. Os programas interxeneracionais onde se mesturan persoas mozas con persoas anciás producen un elevado índice de benestar e favorecen a cohesión social, e a mellor maneira de realizalo é mediante o voluntariado xuvenil. Lecturas en voz alta, xogos de mesa, paseos, conversas e socialización son a mellor menciña para as persoas maiores. Apoiaremos ás entidades sociais que dispoñen de programas con estes fins dando a cobertura necesaria aí onde non cheguen. O SAF seguirá sendo prioritario nos orzamentos municipais, dando a maior cobertura posible dacordo co cofinanzamento da Xunta. APOIO AO TECIDO ASOCIATIVO O tecido de asociaciacións no ámbito do Benestar en Pontevedra é moi nutrido, e durante anos facilitamos os equipamentos para que poidan levar a cabo as súas funcións da mellor maneira posible. Ese camiño

seguirá avanzando e estaremos atentas ás necesidades que vaian xurdindo para non dar nin un paso atrás. Mediante a creación de mesas de traballo, manteremos un diálogo fluído con todas as organizacións para coñecer de primeira man as necesidades e favoreceremos a interacción das mesmas con toda a sociedade. Un novo impulso á RedeAxuda. Un proxecto participativo e comunitario que facilita a vida a decenas de persoas e que conecta ás entidades sociais, ás persoas vulnerables e a cidadanía xeral. EMPREGO E INCLUSIÓN SOCIO-LABORAL Desde o ámbito do emprego, crearemos un plan de emprego específico para dar entrada a persoas con discapacidade intelectual no cadro de persoal municipal asi como a adapatación dos exames de entrada na función pública. Colaborar coas entidades sociais que traballan neste ámbito. As persoas vulnerables terán programas específicos municipais que garantan a cobertura dunha vida digna, con especial atención á vivenda, gastos esenciais, menores e plans de emprego. Todo iso conformará un único programa coordinado e coherente co obxectivo principal de optimizar os recursos e facilitar a relación das persoas usuarias coa administración. Seguiremos avanzando no traspaso da UAD so Sergas, facilitando no posible que a integración sexa áxil para evitar o prexuizo aos usuarios e usuarias. Os traballadores e as traballadoras terán a posibilidade de escoller se queren integrarse no Sergas ou permanecer na plantilla do Concello. A INFANCIA O mesmo que deciamos no apartado anterior tamén vale para garantir o dereito á educación, polo que, aínda que garantimos a colaboración coa FANPA para manter os comedores escolares, traballaremos para que a Consellería de Educación se faga cargo deste servizo. No caso do convenio para as ludotecas extraescolares seguiremos investindo no lecer dos cativos e facilitando a conciliación familiar. Hai que sinalar que se a Xunta asumise as súas competencias, liberaríanse fondos municipais para programas coma este que si son da competencia do Concello de Pontevedra.

2.B. VIVENDA O acceso á vivenda, sobre todo da poboación máis nova e das persoas con menores recursos está sendo un problema global que repercute na calidade de vida e, na Galiza, de xeito moi notorio na capacidade da mocidade para se independizar Os poderes públicos teñen a obriga de elaborar e pór en práctica políticas que garantan o dereito dos cidadáns a unha vivenda digna, especialmente a aqueles sectores de menos recursos e mais necesidades. Aínda que as competencias e recursos públicos dispoñíbeis para implementar estas políticas están repartidas entre o Estado e a Xunta, dende o concello pódense tomar medidas que axuden a mellorar a calidade das vivendas e o acceso a elas. O goberno do BNG centrará todos os seus esforzos nestas liñas de actuación: -Incentivar a rehabilitación de edifícios en todo o concello, tanto a través das Areas de Rehabilitación prestando axuda técnica e económica como na mellora dos espazos públicos que os fagan máis atractivos para residir. .- Elaboración dun estudo da dispoñibilidade completa de solo para a edificación de vivenda de promoción pública en Pontevedra, tanto de titularidade municipal como de outras administracións que permita a maior axilidade na posta a disposición dos terreos. .- Máxima colaboración coa Xunta de Galiza para a posta a disposición de soares municipais con aproveitamento residencial para que esta constrúa vivenda de promoción pública tanto para a venda como para o alugueiro. .- Apoiar a creación de cooperativas de vivendas. .- Aproveitar todos os instrumentos urbanísticos ao seu alcance para facilitar o acceso á vivenda. Neste sentido: .-Revisarase o Peprica para actualizalo e adaptalo á normativa vixente e definir critérios na a futura implantacións de actividades terciarias para que non primen sobre o uso residencial da zona monumental e encarezan o prezo da vivenda. .- Facilitarse o desenvolvemento de unidades de actuación que poñan no mercado solo edificábel como vía que axude a conter o seu prezo.

.- Pontevedra conta cun PXOM en vigor que xa desenvolveu todas as directrices que levaron o BNG a oporse á súa aprobación e no que, xunta ás 41.465 vivendas construídas, aínda permite edificar da orde de 20.000 máis. É dicir, que Pontevedra se atopa en boa situación para enfrontar o actual problema da vivenda. Deste xeito, non se contempla a necesidade de elaborar un novo PXOM, que esixiría esforzos ímprobos, xeraría unha grande inseguridade e reduciría o solo edificábel para vivenda de maneira significativa. 2.C. O CONCELLO FEMINISTA O BNG ten na súa esencia política a defensa dos dereitos das mulleres e a loita por unha sociedade verdadeiramente igualitaria. Nese empeño levamos investido moitos esforzos e conquistado moitos obxectivos. Mais tamén constatamos que ningún dereito está asegurado se non se defende a cada día: aínda é moito o que falta por conquistar e, por tanto, é preciso dar novos pasos para conseguir novos avances. A crise económica arrasou coas escasas axudas que moitas mulleres percibían por coidar as persoas dependentes da familia, ademais a reforma laboral e a destrución de emprego expulsou moitas mulleres do mundo laboral, agravando tamén a fenda en ocupación e salarial, disparando o número de mulleres con contratos a tempo parcial. Como nos vellos tempos, a pobreza volve a ter rostro de muller. A violencia machista e o feminicidio continúan a ser unha lacra que ameaza permanentemente a seguranza e a vida das mulleres, aliás, nun contexto en que sectores reaccionarios pretenden de novo normalizar o machismo e a xustiza continúa a tratar as vítimas como culpadas, en canto as súas decisións amparan e fomentan a comprensión cos agresores. Neste contexto, é fundamental unha política activa desde os concellos que confronte o patriarcado, que defenda os dereitos das mulleres, que esixa mudanzas xurídicas e sociais, que denuncie a permisividade e as irracionais actuacións xudiciais, que implique a sociedade -especialmente a mocidade- na loita pola igualdade e que despregue a súa propia programación para conquistala. Para o BNG, promover a igualdade entre homes e mulleres pasa por fomentar a mudanza de valores, rompendo co modelo actual de socialización sexista, promovendo novas formas de ser mulleres e homes e

avanzando nun modelo de relacións simétricas. Para iso despregaremos todas as accións que foren precisas no ámbito municipal, entre elas: 1- A MOCIDADE, facéndoa participe e protagonista das políticas municipais a través de mesas de debate estable cun nutrido calendario de actividades ao longo de todo o ano, favorecendo a autoorganización e fomentando a formación. Os mozos e as mozas son a vangarda enreiquecendo o movemento feminista con novas prespectivas que lanzan cara o futuro e para que sexa ventureiro, a formación, o activismo e a visibilidade son pezas claves. Esas serán as liñas mestras de traballo do BNG coa mocidade. 2- AS MULLERES: O patriarcado segue estando presente na sociedade e debemos seguir combanténdoo, por iso propoñemos un apoio decidido tecendo redes de encontro e colaboración permanente, con actividade deseñada entre todas que recolla: - Formación, cun amplo abano de actividades ao longo de todo o ano para debater os aspectos máis actuais do feminismo máis tamén para recuperar a memoria das devanceiras. - Especial atención ás mulleres máis vulnerabeis, acompañandoas, asesorándoas e favorecendo a mellora da súa vida. A nosa proposta é a creación de estruturas mixtas conformadas por profesionais e activistas que acompañen ás vítimas en todo o proceso. - Manter e fortalecer os Centros de Información ás Mulleres e dos seus servizos de atención psicolóxica e legal, como recurso fulcral en materia de prevención e mesmo de atención directa e integral ás vítimas de violencia de xénero. As crianzas das mulleres vítimas son as grandes esquecidas, por iso é imprescindible establecer recursos acaídos para sandar ás meniñas e aos meniños, colaborando para que o seu desenvolvemento vital non arrastre a mochila da violencia. - Plans de emprego específicos para mellorar a integración laboral. Impulsar actuacións dirixidas a garantir o acceso e a permanencia das mulleres no traballo en condicións de igualdade. - Impulsar e apoiar a economía social e outras iniciativas que incorporen a perspectiva de xénero no seu funcionamento e posibiliten unha menor dependencia de acceso a recursos e poiar e promover a iniciativa das mulleres en proxectos innovadores de actividades profesionais. - Incorporar cláusulas sociais na contratación pública, coa finalidade de favorecer a selección de empresas que destaquen por desenvolver unha política en prol da igualdade.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTEwNTI=