LORES, PAIXÓN X PONTEVEDRA

presión de xénero, debendo traballar para garantir a todas as persoas o dereito a vivir totalmente libres de violencia e opresión. Por iso é importante incorporar a perspectiva da diversidade emocional, sexual e de xénero na axenda política do municipio e na acción política municipal. Para iso é necesario prestar apoio desde os concellos ao tecido asociativo, poñer en marcha equipamentos e servizos específicos, fomentar a formación, e levar a cabo medidas de loita contra a discriminación. As políticas municipais LGBT deben impregnar o conxunto de actuacións que desenvolven os concellos co obxectivo de repercutir máis aló do propio colectivo, xa que a súa implantación supón un beneficio para toda a sociedade. E para garantir esta transversalidade cómpre situar estas políticas no centro da acción de goberno. O BNG no concello impulsará: • Incorporar a perspectiva LGBT nos principais plans e programas municipais, para garantir a transversalidade destas políticas. • Apoiar, fomentar e dinamizar o asociacionismo LGBT do municipio. • Conmemorar, desde os concellos, xornadas relacionadas co colectivo LGBT. • Garantir unha política de comunicación local inclusiva con diversidade sexual e identidade de xénero. • Garantir que a información municipal (formularios e rexistros) se adapte á diversidade familiar e de identidade de xénero. • Comprometémonos ademáis a proporcionar formación específica á Policía Local, para que a atención que precisen ás persoas do colectivo LGBT se adecúe ás necesidades de cada unha das persoas que a demandan. 2.E. SANIDADE A sanidade pública está sufrir non últimos tempos un ataque sen precedentes. O desmantelamento por unha banda, e a falta de previsión para cubrir as vacantes por outra, provocan un caos de desatención a poboación e a precariedade laboral aos profisionais sanitarios. As competencias municipais neste ámbito son escasas, pero non podemos deixar de facer constar o noso apoio decidido á sanidade pública, combatendo contra quen pretende debilitala e favorecendo en todo o que o Concello poida, a creación de novos equipamentos, melloras nas contornas dos centros sanitarios ou accesos e servizos.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTEwNTI=