LORES, PAIXÓN X PONTEVEDRA

corporar no prezo dos mesmos non só o custo da subministración senón tamén o valor do investimento financiado polo concello actualizándose de maneira paulatina ao seu respectivo custo. No reparto das cargas tenderase a considerar, ademais dos de eficiencia económica, criterios de equidade, de tal xeito que na súa contía se teña en conta a capacidade económica dos usuarios e usuarias do ben ou servizo. Ademais, o BNG reclamará unha solución normativa á tributación local para participar, ademais de nas taxas xa previstas por ocupación do subsolo, do voo, no espazo radio-eléctrico (incluída a telefonía móbil e os tendidos eléctricos) e na ocupación de vía pública (caixeiros automáticos, gaseoducto, outras canalizacións, etc.) por parte de empresas privadas. Arrendamentos e concesións Como criterio xeral, e sempre que sexa posíbel, o BNG defenderá a xestión pública dos servizos municipais. O BNG defende un proceso de comarcalización real e efectivo, que dote de personalidade xurídica e capacidade operativa ás comarcas, que asumirían boa parte das competencias das Deputacións. Neste contexto, o BNG seguirá a propor fórmulas comarcais ou mancomunadas para a xestión de determinados servizos para poder incrementar a súa oferta aos cidadáns e cidadás. Endebedamento municipal A lexislación en materia de estabilidade orzamentaria coarta gravemente a autonomía municipal e limita de maneira substancial as posibilidades de financiamento dos concellos, dificultando de xeito extremo o recurso ao endebedamento, mesmo para acometer investimentos prioritarios e básicos do concello. O BNG, que entende o endebedamento público, necesario e soportábel, como un outro mecanismo de obtención de ingresos, segue a considerar imprescindíbel a derrogación da devandita lexislación e, en tanto, promoverá un programa de medidas para que o obxectivo de estabilidade sexa fixado tendo en conta a situación económico-financeira de cada concello en particular e tendo presentes as características específicas dos concellos galegos.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTEwNTI=