LORES, PAIXÓN X PONTEVEDRA

do financiamento para que os concellos poidan xestionar os cambios de dominio e os cambios físicos, así como ter participación efectiva nos relatorios de valores. A transferencia aos concellos do Imposto sobre Transmisións Patrimoniais, no que atinxe ás entregas de terreos e segundas e ulteriores edificacións, para complementar o circuíto da imposición inmobiliaria e mellorar a xestión. Imposto sobre Actividades Económicas O BNG sempre defendeu a exención do IAE para as pequenas e medianas empresas e autónomos. Para que esta modificación non afecte negativamente ás facendas municipais, o BNG seguirá a solicitar do Goberno Central que o concello participe na cesión da recadación de impostos do Estado: IRPF, IVE e Impostos Especiais sen que implique unha redución de facto nos seus ingresos. Imposto que grava o incremento de valor dos terreos de natureza urbana O BNG é partidario da súa conversión nun recargo do imposto sobre transmisións patrimoniais, de tal xeito que a súa exacción sexa conxunta e se eliminen trámites aos contribuíntes. Medidas complementarias O BNG solicitará, no marco da reforma do Sistema Fiscal Local, a adopción das seguintes medidas complementarias, tamén de competencia estatal: • Devolución aos concellos do IVE que estes pagan como consumidores finais, nomeadamente nos investimentos. • Estabelecemento nos orzamentos xerais do Estado de compensacións en dirección aos concellos por inmóbeis da Igrexa Católica, bens afectos á Defensa, e outros, froito dos compromisos internacionais do Estado. • Simplificación e axilización das compensacións por colexios concertados e outras. Taxas e prezos públicos O BNG considera que a prestación e xestión dos servizos públicos locais debe racionalizarse, ligándoos a fórmulas financeiras que permitan in-

RkJQdWJsaXNoZXIy MTEwNTI=