LORES, PAIXÓN X PONTEVEDRA

3.D. O MUSEO NACIONAL DA GALIZA A incorporación do Convento de Santa Clara á vida cidadá, que vai marcar o devir da Pontevedra dos vindeiros decenios, é o principal reto que temos por diante como sociedade. Temos o privilexio de asistirmos ao momento máis importante da historia do Museo de Pontevedra despois da súa fundación e a responsabilidade como sociedade de estarmos á altura de quen o imaxinaron, xestionaron e nolo legaron como a grandísima institución que hoxe é. Esta nova fase da relación do Museo con Pontevedra vai ter dúas patas. Dunha banda, a abertura e incorporación dos xardíns de Santa Clara á vida de Pontevedra tras máis de 700 anos pechados sería en si mesmo un obxectivo de primeirísima orde. Pola outra, a rehabilitación do propio convento vai server para que o Museo de Pontevedra poida formularse o reto de avanzar e converterse no Museo Nacional da Galiza. Este reto, para se converter nun éxito, debe envolver a toda a sociedade pontevedresa é a todas administracións. Así se ten demostrado até agora coa colaboración fructífera de Concello e Deputación. O Concello de Pontevedra non escatimará ningún esforzo para dotármonos do Museo Nacional de Galiza e esixirá con firmeza e o máximo grao de colaboración o mesmo compromiso de Deputación, Xunta de Galiza e Goberno do Estado.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTEwNTI=