LORES, PAIXÓN X PONTEVEDRA

4.A. ECONOMÍA CREATIVA Segundo a UNESCO, a economía creativa non só abrangue bens e servizos culturais, senón calquera outro sector que profundice na investigación e no desenvolvemento. Por tanto referímonos ás actividades e procesos culturais, parte importante desta nova economía, e tamén ás manifestacións creativas en ámbitos que non serían contemplados como culturais (software, arquitectura, videoxogos, gastronomía, moda . . .) e por suposto tamén as vinculadas á economía do coñecemento, telecomunicacións e robótica. Pontevedra está convertida nun ecosistema de creatividade, tanto polo labor municipal como polo impulso dunha sociedade moi activa organizada no movementro asociativo e nun tecido empresarial moi potente a nível de proxectos que se inician e outros xa ben posicionados mesmo a nivel internacional. Tamén hai que ter presente o proxecto de especialización en creatividade do campus de Pontevedra da Universidade de Vigo, que abre un amplo campo de traballo a fin de que o alumnado teña un clima favorabel para decidir facer un proxecto de vida en Pontevedra. O concello de Pontevedra está moi ben posicionado para desenvolver un traballo específico en economía creativa que aporta valor social ao valor económico e constrúe as cidades máis avanzadas. Sobre os cimentos firmes que son programas do altísimo nível de Pont Up Store ou Sétima Feira e, sobre todo, sobre as máis de 100 empresas que forman a rede de empresa creativa “Pontevedra ten un puntazo” temos a oportunidade de levar á práctica unha acción de goberno na que: • Seguiremos en diálogo permanente co sector para coñecer as súas necesidades formativas. • Impulsaremos proxectos que xeren sinerxias rede Pont Up Store. Entre estes proxectos, terá un papel destacado a central de compras que minimice os gastos de cada empresa en base a colaboración entre elas. • Converteremos Sta. Clara na sede fixa da Redeira para que as persoas emprendedoras, autónomas, en búsqueda de oportunidade laborais, empresarias, xubiladas activas, nenos e nenas, re-emprendedoras poidan coxestionar os seus proxectos coa colaboración do Concello de Pontevedra. • Crearemos o “Espazo expositivo experimental efémero” con zona de obradoiros creativos e espazos de venda en baixos baleiros que servan de apoio a proxectos creativos noveles

RkJQdWJsaXNoZXIy MTEwNTI=