LORES, PAIXÓN X PONTEVEDRA

• Laboratorio da creatividade na antiga sede do Conservatorio, que se converte así na primeira aceleradora de economía social da Galiza • Apoiar a profesionalización do sector emerxente local a través de actividades de capacitación e facilitando a súa programación como proposta artística con iniciativas como Galegote, Cabos Soltos, Arte e Parte . . . • Colaboración no proxecto de especialización “Campus Crea” apostando na creación do grao de Deseño. 4.B. MOCIDADE A mocidade forma parte desa expansión colectiva da Pontevedra da creatividade. A posta en marcha de diversos programas vencellados á creatividade, como é o caso de Noites Abertas, o Local de Música ou Xeración Sónica están a favorecer esta expansión de creatividade. Queda moito camiño por percorrer, mais os primeiros pasos están dados. Os últimos anos serviron para poñer consolidar unha programación continuada durante todo o ano no eido xuvenil, con diversos programas enfocados á formación en materia feminista, en competencias chave para a empregabilidade, a música e o ocio xuvenil, tanto no inverno como no verán. Mais existen unha serie de retos que debemos afrontar nos vindeiros anos para continuar a mellorar o traballo feito nos últimos tempos: • A curto prazo, a licitación do contrato de xestión do Local de música eríxese como un dos novos retos a atallar desde a área. Un novo contrato que afronte a realidade actual deste equipamento, diferente á de hai 15 anos cando abriu as súas portas: bandas máis pequenas (incluso unipersoais), outros horarios, novos públicos, novo equipamento musical... • A medio prazo, cómpre traballar na reforma deste espazo e continuar a consolidalo como lugar de socialización. Máis alá dun Local de Música, a día de hoxe case nos atopamos cunha “Casa da xuventude”, onde están a pasar moitas máis cousas que ensaios. No día a día prográmanse actividades da concellaría de xuventude, xuntanzas de bandas, actividades culturais, entrevistas, gravación de podcast... Cómpre poñer en valor todas estas actuacións e seguir a avanzar na integración, creando sinerxias e propostas que contribúan a afortalar a inmensa creatividade da mocidade.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTEwNTI=