LORES, PAIXÓN X PONTEVEDRA

Así mesmo, somos conscientes de que a nosa cidade conta a día de hoxe con unha universidade e cun Campus especializado na creación, co que debemos seguir a traballar man a man, para acompañar á mocidade que estuda e quere dar os seus primeiros pasos. Pontevedra está en disposición de dar un novo salto a diante, con renovadas instalacións e programas que continúen a favorecer e apoiar a creatividade desde a xente máis nova. 4.C. TIC E ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA O acceso ás novas TIC pode ser unha ferramenta poderosa para mellorar a vida das persoas e para fomentar o desenvolvemento económico e social de Galiza. Nos últimos anos puxéronse en marcha unha serie de medidas específicas para garantir que todas as persoas teñan acceso á administración electrónica. Entre estas medidas incluíuse a creación de titoriais de formación en emprego dos novos sistemas para persoas de todas as idades, o apoio no contacto coas administracións ou a cita previa. Así mesmo, o desenvolvemento de programas internos para a xestión, impulso e modernización da administración pública está a dar moi bos resultados. Queremos seguir a afondar na mellora da calidade organizativa, con medidas que avancen na eficacia dos procesos e na transparencia, evitando distorsións e duplicidades. No que respecta ao apoio a entidades e asociacións no eido tecnolóxico, cómpre seguir a apoiar as iniciativas relacionadas co mundo dixital. A aposta nos últimos anos por difundir o mundo dos videoxogos ou da creación tecnolóxica a pequena escala, como é o caso das colaboracións con Gaming Troop, Fab Lab (integrado na PontUp Store) ou Ponte Labs, comeza a dar os seus froitos posicionando a Pontevedra como un referente nestes aspectos. A primeira edición do Lérez UP no ano 2022 trouxo a Pontevedra a máis de 3000 persoas nunha programación apta para todos os gustos, como charlas, talleres, concursos ou torneos, converténdonos nun punto de encontro de referencia ao que mirar cando se fala de mocidade e videoxogos. Cómpre seguir apoiando estas iniciativas, nalgúns casos con xente moi nova, que teñen un potencial amplísimo para posicionarse na vangarda da innovación.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTEwNTI=