LORES, PAIXÓN X PONTEVEDRA

5.A. FESTAS En Pontevedra mantivéronse e actualizáronse as festas populares de todo tipo de orixe, tanto de carácter histórica (Feira Franca), antropolóxica (Os maios), estacional (Festa do outono) ou parroquial (San Benitiño). Todo isto combinándoo con novos eventos e con outras actividades económicas existentes. As festas, fan parte do propio modelo de cidade e da concepción dos espazos públicos destinados ás persoas, as rúas e as prazas son os campos da festa e os torreiros do rural, os espazos que acollen tanto a parte profesional (actuacións e producións artísticas derivadas), como a parte veciñal (o público asistente). Neste sentido, faise necesario manter a implicación e participación dos diferentes colectivos na organización dunha parte importante de ditas festas, así como o sentido de pertenza e o orgullo que supón para a toda a veciñanza e visitantes a asistencia ás mesmas. Os diferentes ciclos festivos do Concello, ademais do espírito lúdico-recreativo tamén implican valores que é fundamental seguir fomentando: a participación social, a dinamización económica, a promoción e recuperación da identidade cultural, a participación da veciñanza en todo o ámbito territorial, as relacións interxeracionais e o respecto coa tradición e a identidade cultural. O goberno do BNG tamén se compromete a implementar unha liña de traballo para documentar as festas de espíritu popular e, promovendo o estudo histórico e a compilación de información de carácter etnográfico, de cara a constituír un corpus bibliográfico que veña a cubrir o oco existente neste ámbito. 5.B. CULTURA CULTURA Os piares sobre os que se edificou a cultura no Concello de Pontevedra defínense en base a promover unha cultura galega participativa e estable, con canles que permitan o acceso a toda a poboación a unha formación cultural que promova a expresión e a creatividade nas súas diferentes manifestacións; unha cultura lúdica, diversa e dinamizadora ecónomica da cidade. Unha cultura que cohesiona.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTEwNTI=