LORES, PAIXÓN X PONTEVEDRA

A análise dos principais indicadores económicos do sector cultural en Pontevedra ofrece unhas cifras moi relevantes no contexto galego, froito das políticas públicas de apoio e unha aposta decidida polo impulso das actividades culturais, que constitúen un dos eixos centrais da política municipal do BNG. Así o I Informe do Sector Cultural 2022 feito pola Universidade de Vigo indícanos que: • Hai 80 empresas na comarca, 61 delas no Concello, que dan traballo a 765 persoas na comarca e a 225 no Concello, cunha facturación global de 156.934.937 euros e un valor engadido por emprego de 53.272 euros. A estes datos hai que sumarlles os 1.400 empregos autónomos. O resultado é 2.400 empregos directos no sector cultural. • Temos máis de 45 eventos municipais estables ao ano e no conxunto da programación vimos destinando máis de 5 millóns de euros anuais. O Salón do Libro, o Surfing the Lérez, Cabos Soltos, Matinés, Núbebes, A Feira Franca ou Novos Cinemas son exemplo deles. Malia o forte parón que provocou a pandemia, impulsáronse programas para que Pontevedra tome posicións como a capital da Banda Deseñada, coa primeira edición de BDra Gráfica. A Danza tamén se abre camiño e seguirá facendoo co ciclo de DanzaPontevedra, onde participarán as escolas da cidade acompañando ao máis relevante do panorama coreográfico galego e internacional. Mulleres e Inspiración e A Foto51 inciaron a súa andaina coa vocación de afianzarse e ir medrando, dandolle visibilidade ás mulleres na música clásica e na ciencia. Estas bases sobre as que Pontevedra traballa son unha o punto de partida para seguir avanzando polo que o goberno do BNG formúlase as seguintes liñas de traballo prioritarias: .- As artes da imaxe e o audiovisual teñen un lugar destacado nas propostas de futuro, facendo partícipe no só a Universidade, a través dos estudos de Belas Artes e Comunicación, senón a toda a cidadanía, promovendo proxectos participativo de creación audiovisual que xunten aos mellores cineastas do momento coas veciñas e cos veciños. Reunir baixo o mesmo teito a creatividade do audiovisual co patrimonio material e inmaterial de Pontevedra e as súas xentes, con enfoque de xénero e respectando e impulsando a deversidade. Un gran festival será o ramo a esta colaboración, que afonda na participación activa da cidadanía e dos colectivos na programación cultural municipal. O Audiovisiual e a fotografía ten que tomar a cidade, sumando sinerxias, creando novos espazos e nova programación que acompañe a que xa está consolidada, como son Novos Cinemas e a actividade do Cine Club. A Film Comisión

RkJQdWJsaXNoZXIy MTEwNTI=