LORES, PAIXÓN X PONTEVEDRA

non vaian na dirección dos grandes obxectivos fixados. O BNG ten claro que tipo de turismo quere fomentar e cal non. Queremos un turismo urbano, cultural, ambiental e gastronómico, é dicir, un turismo de calidade. Está claro que a alta calidade urbana de Pontevedra na actualidade incide de maneira extraordinaria no Turismo e grazas a isto en parte, podemos orientar as nosas propostas cara a varias fortalezas diferenciadoras e niso nos comprometemos de cara aos vindeiros anos: • Profundar nas características máis atraentes do modelo urbano de Pontevedra: a mellora ambiental (redución da contaminación aérea ou sonora); unha cidade pensada e centrada nas persoas; unha cidade inclusiva, integradora e igualitaria; unha cidade accesible e segura. • Seguir impulsando a organización de grandes eventos deportivos. • Continuar a promover unha programación cultural dinámica e alternativa. • Insistir no formato de festas como parte integrante e integradora da rúa, con visibilización da tradición conxugada coa innovación e os grandes eventos. • Promocionar o modelo de cidade en foros de opinión especializados. • Potenciar o Camiño de Santiago portugués, mellorando tamén o entorno na totalidade do trazado do Camiño que cruza a cidade. • Ampliar a zona de autocaravanas en base ás necesidades detectadas polas asociacións das persoas usuarias deste servizo. • Implementar medidas que favorezan o avance na profesionalización, no coñecemento e na formación do persoal do sector turístico así como na investigación, a través de convenios con Universidades públicas e centros especializados. • Establecer medidas que garantan a convivencia entre os usos turísticos e residenciais, na dirección que permitiu que ata o de agora Pontevedra puidese experimentar incluso un aumento da poboación residente no seu centro histórico. Con todo isto, seguiremos traballando nunha estratexia turística diferenciada para Pontevedra, na que debemos incluír todos aqueles recursos propios que caracterizan o Concello: o casco histórico e as súas prazas, o patrimonio histórico e natural, a gastronomía, o Camiño portugués, o Museo de Pontevedra, a situación xeográfica ou a climatoloxía.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTEwNTI=