LORES, PAIXÓN X PONTEVEDRA

• Revitalizar o Mercado de abastos e o seu espazo gastronómico. • Dinamizar o comercio de proximidade co desenvolvemento de iniciativas de incentivación do consumo no pequeno comercio, fortalecendo o tecido comercial e empresarial propio, apoiando o comercio local fronte ás grandes superficies comerciais e incentivando a compra de produtos de proximidade e galegos. • Programas específicos para a hostalaría local que inclúan formación e capacitación profesional e en idiomas do seu persoal. • Fomento da lingua galega en todas as actividades comerciais e de servizos. • Aproveitar a estrutura de participación e financiamento establecida polo GDR de Pontevedra. • Traballar na visibilización do produto local e de proximidade e da artesanía con actividades e xornadas de promoción. • Potenciación da función comercial de Pontevedra como cabeceira dunha ampla comarca mediante campañas específicas de promoción e mellorando a adecuación da cidade e os espazos comerciais ás necesidades do sector e, polo tanto, ou o que é o mesmo, á comodidade das persoas que mercan. • Fomento da cooperación e o asociacionismo entre o pequeno e mediano comercio, tanto nas áreas de xestión de compra e promoción que lles permita ser máis competitivos a nivel de prezos, como na formación, información, innovación, na realización de estudos económicos e de mercado ou mesmo na realización de proxectos conxuntos. • Promoción da Zona Monumental como unha área comercial no seu conxunto, coa súa conseguinte potenciación feiral, cultural e recreativa. 5.E. TURISMO O turismo constitúe unha actividade económica que xera postos de traballo e riqueza para o territorio, mais en todo caso debemos velar por un modelo turístico sustentábel, social e respectuoso co territorio, en contraste cun modelo netamente mercantilista. O fundamental na planificación turística é ter ben claros e definidos os obxectivos a medio e longo prazo e fuxir de medidas curtopracistas que

RkJQdWJsaXNoZXIy MTEwNTI=