LORES, PAIXÓN X PONTEVEDRA

6.A. RESIDUOS / RECURSOS Unha das características políticas do Pontevedra é a innovación e a aposta por iniciativas pioneiras que son referentes de modernidade no tratamento dos residuos municipais. Descartamos o modelo actual da Xunta de Galicia baseado na incineración de case a totalidade dos residuos e que leva engadido o continuo tráfico de camións polas estradas do pais co conseguinte despilfarro enerxético. A Compostaxe individual é unha das tres patas da compostaxe municipal, xunto cos composteiros comunitarios que dan servizo a varias familias, e a recollida dos residuos orgánicos mediante contedores. Está cuberto un 70 % das vivendas unifamiliares, dando así por rematada unha exitosa primeira fase. É unha aposta do Goberno Local que foi pioneira en Galiza, é será un sistema que se verá reflectido no vindeiro contrato de xestión de residuos municipais. Pontevedra contará cun novo contrato de xestión de residuos sólidos que será o primeiro do Estado adaptado á nova Lei de residuos, e seremos a única cidade cunha planta de compostaxe propia. Suporá un cambio de paradigma no tratamento dos residuos de competencia municipal, porque suporá a transformación dos mesmos nun recurso. Apostamos polo coidado do medio ambiente reducindo substancialmente a pegada de carbono, logrando que os residuos se convertan en recursos cun aproveitamento máximo do vidro, papel, envases e compost. 6.B. ALUMEADO Na iluminación das vías e espazos públicos debemos ter en conta dous aspectos fundamentais: por un lado, os servizos que presta e, por outro, os seus aspectos ecolóxicos. Existiu controversia sobre a necesidade e utilidade da iluminación pública. De feito, incluso se chegou a propor a súa diminución, ou a súa supresión, cando menos parcial. Esta formulación é demasiado superficial e non analiza as vantaxes que dá unha boa iluminación: favorece o andar, dá seguranza e sensación dela, evita usos indesexábeis, correspóndese cos hábitos de vida actuais e contribúe moitísimo á calidade de vida urbana e rural. Mesmo en países onde a iluminación pública non foi tradicionalmente unha faceta moi

RkJQdWJsaXNoZXIy MTEwNTI=