LORES, PAIXÓN X PONTEVEDRA

coidada (especialmente nos países nórdicos), xorden dende hai tempo voces para que se corrixa esta deficiencia e están adoptando medidas neste dirección. Polo tanto, seguimos propondo unha iluminación pública de máxima calidade e axeitada a cada tipo de espazo público, o que non quita que se poidan considerar algunha limitación horaria cando se comprobe a carencia de uso. De existir esta situación, serían casos moi excepcionais. Por outro lado, é certo que todo consumo enerxético debe reducirse ao máximo para evitar un gasto desmedido e insostíbel. Nesta liña, completaremos o paso á tecnoloxía LED de todo o alumeado tanto rural como urbano e afondaremos, sempre que sexa posíbel, na xeración de enerxía para autoconsumo. 6.C. MEDIO E ORDENACIÓN DO TERRITORIO Toda actividade humana realízase e está condicionada polas características do territorio sobre a que se asenta, pero, á súa vez, a propia actividade vai modificando ese territorio soporte de todas as actividades (traballo, estudo, produción, lecer,...). Ao longo da historia, esta modificación realizouse de modo lento; na xeira actual, cada vez mais aceleradamente. De como se produza esa modificación do territorio e da maneira en que se trate ese medio vai depender en grande medida a calidade de vida dos cidadáns e cidadás, tanto na súa dimensión social como na individual. Acadar un desenvolvemento harmónico do medio e co medio (sexa rural ou urbano), e coidar este medio son a única garantía de mellorar a calidade de vida e, ao tempo, non hipotecar o futuro. A preservación da identidade do territorio é esencial para o estabelecemento dun modelo económico, social e territorial sustentábel e con perspectivas de futuro. Un medio ambiente ben coidado, un territorio ben ordenado e con infraestruturas de servizos, un sistema de comunicacións, unha ubicación das actividades, unha protección de valores naturais e produtivos, un contorno harmónico e agradábel... o máis acaídos posíbel ás necesidades presentes e futuras da sociedade, constitúen a única garantía de resolvermos as tensións e desequilibrios existentes e á súa vez permitirmos unha actividade social e económica en boas condicións, optimizando os recursos produtivos propios. Igualmente este é o único xeito de acadar un desenvolvemento económico que poida permitir e asegurar no tempo un aumento do nível e, sobre todo, da calidade de vida.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTEwNTI=