LORES, PAIXÓN X PONTEVEDRA

Seguiremos avanzando para acadar os obxectivos para acadar a mellor eficiencia posíbel para a eliminación das perdas de auga na rede de abastecemento. Rematar coas obras xa en marcha para completar o sistema de saneamento do rural, procurando as solucións máis axeitadas aos diferentes tipos de núcleos, á súa configuración orográfica a ao seu tamaño. Manter un sistema de vixilancia e control da rede para arranxar as deficiencias existentes e detectar as novas que puideran xurdir, tanto en abastecemento como en saneamento. Seguir avanzando na eliminación das perdas de auga debido a tubaxes en mal estado. Seguir colaborando coas comunidades de augas das parroquias para garantir unha auga de calidade e en cantidade suficiente. 6.G. SANIDADE ANIMAL Os animais domésticos acompañan ao ser humano desde o Paleolítico aparecendo os primeiros cans domesticados hai 30.000 anos. Nos asentamentos rurais os animais domésticos son fundamentais para levar a cabo as tarefas que require a vida vencellada a criar e recolectar, establecéndose uns vínculos moi fortes que persisten cando a poboación se traslada ás cidades. Os vencellos das persoas con animais domésticos veñen de moi atrás e son indestrutibles, por iso a presenza de cans e de gatos nas zonas urbanas vai aumentando a medida que aumentan os habitantes. As condicións de habitabilidade nas vivendas urbanas son moi diferentes ás do rural, máis as necesidades dos animais domésticos non cambian. Precisan espazo para moverse e para as súas necesidades básicas, máis na cidade non é posible que o fagan libremente, ceibos, nun lugar amplo e axeitado, como se domesticaron os seus antergos. É necesario ter presente que o número de animais domésticos vai seguir aumentando e para evitar conflitos na convivencia, debemos prever espazos onde, sobre todo, os cans poidan moverse con certa liberdade. Desde o Concello comprometémonos a traballar conxuntamente coas asociacións de protección dos animais, con outras administracións e cos colexios profesionais de veterianarios, mediante convenios ou cos instrumentos administrativos acaídos en cada caso, para impulsar campañas de coidado e atención aos animais domésticos, campañas

RkJQdWJsaXNoZXIy MTEwNTI=