LORES, PAIXÓN X PONTEVEDRA

.- Non escatimará esforzos na recuperación integral da Gándara de Lérez. Asemade esixirá ao resto das administracións a retirada das súas instalacións, a recuperación ambiental do terreo e a implicación en todo o que sexa necesario neste proxecto. .- Reclamará o remate da conexión peonil con Marín pola beira da Ría, o coñecido “Paseo da ría”. .- Utilizará todos os medios ao seu alcance para conseguir o traslado de ENCE e permitir que Pontevedra poida situarse entre as cidades máis avanzadas mundo que abordaron procesos semellantes con anterioridade (Bilbao, Málaga, Barcelona, Londres, Copenhague...). .- Recuperará ambientalmente a zona da Xunqueira de Ponte Sampaio. .- Porá en marcha o Proxecto A Moureira de recuperación urbana da fronte marítimo-fluvial. .- Integrará ambientalmente dos estacionamentos de borde. 6.F. CICLO DA AUGA A auga é un recurso escaso como se está pondo de manifesto nos últimos anos, produto do cambio climático. As competencias municipais relacionadas co ciclo da auga limítanse á distribución e á rede primaria de saneamento, polo que necesariamente ten que existir un acorde entre as distintas administracións públicas para acadar o peche do ciclo da auga dun xeito eficaz. Pontevedra apostou por acadar a excelencia de cara a pechar o ciclo da auga, garantindo o seu funcionamento e capacidade para os vindeiros anos. Realizando un importante esforzo económico para lograr que o servizo de abastecemento e saneamento chegue practicamente ao 100 % dos núcleos onde sexa posible. Os investimentos na rede de distribución e abastecemento de auga nos últimos anos fan posíbel ter un sistema en condicións de garantir o subministro de auga á poboación para os vindeiros 50 anos. Realizáronse obras na rede en alta: depósitos, Etap, bombeos, rede de distribución. A renovación, seguimento e control da rede de distribución tamén fan que academos dende hai anos os niveis de rendemento da rede provistos en Galiza para o 2023.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTEwNTI=