LORES, PAIXÓN X PONTEVEDRA

7.A. PATRIMONIO O patrimonio cultural, entendido como a herdanza creada, construída e transmitida ao longo do tempo, debe ser considerado na súa totalidade, abarcando tanto os bens materiais como os inmateriais. Ao mesmo tempo, o patrimonio cultural ten unha relación moi estreita co patrimonio natural, polo que cómpre avanzar cara á xestión conxunta, no que ten que ver cos tres niveis de actuación: protección, conservación,restauración, dinamización. Ao longo dos anos de goberno, avanzamos nunha visión tridimensional do patrimonio cultural: identitaria, social e económica. Como sinal de identidade colectiva é un instrumento fundamental da autoestima, do sentimento de pertenza. Na súa dimensión social ten importancia como elemento de creación de comunidade, como espazo de cohesión, convivencia e relación, como recurso educativo e de lecer. Na súa dimensión económica supón un recurso económico vencellado ao turismo, á hostalería e aos novos servizos dixitais. Cómpre, polo tanto, afortalar e desenvolver estes tres eixos. O goberno do BNG comprométese con estas liñas de actuación: -Transformación do CITA no Centro de Interpretación da Cidade Medieval, época de gran esplendor do porto e da cidade, que integre cun discurso único os espazos arqueolóxicos do Campiño de Santa Maria e da cabeceira sur da Ponte do Burgo. Colaboración co Museo de Pontevedra para incluir unha sala expositiva con restos das escavacións arqueolóxicas da cidade neste percorrido sobre a cidade medieval. -Continuidade das actuacións nas cabeceiras da Ponte do Burgo (orixe e emblema da cidade). Na sur mellora do espazo público urbano da Praza Valentín García Escudero e consolidación dos restos arqueolóxicos do peirão e arcos da antiga ponte medieval para poñelos en valor dentro do proxecto museográfico. Na beira norte recuperación da concesión da gasolineira liberando o espazo para zona de recreo, e deixando o quiosco existente, peza singular do modernismo para equipamento. - Potenciar os valores patrimoniais, culturais e simbólicos do Centro Histórico, promocionando o seu coñecemento e goce mediante sinalética e aplicacións informáticas para móbil. - Desenvolvemento dun plan de recuperación e rexeneración do Barrio da Moureira, desde a desembocadura dos Gafos ata a ponte do Burgo

RkJQdWJsaXNoZXIy MTEwNTI=