LORES, PAIXÓN X PONTEVEDRA

primando a calidade urbana, a recuperación do espazo público, a dotación de servizos, a rehabilitación de edificios e as manifestacións da evolución histórica do barrio. - Elaboración do Plan Director do Camiño Portugués como eixo que reúne valores históricos, simbólicos, sociais e económicos, que planifique as actuacións de posta en valor, intervención física, conservación e mantemento, sinalética, seguranza viaria, dotación de equipamentos e infraestruturas... - Fomento da participación social na conservación e promoción dos bens patrimoniais. Elaboración dun programa de socialización do patrimonio cultural e natural dirixido á veciñanza e a centros educativos con actividades que involucren á poboación na súa conservación. - Rematar a tramitación da actualización do Catálogo de Edificios e Elementos a Conservar da Cidade e do Rural. - Elaboración de recursos educativos (vídeos, unidades didácticas…) para por a disposición dos centros educativos e do resto da veciñanza. Creación dun portal web onde aloxar estes recursos e facilitar a sua utilización. - Elaboración dun mapa, guía e xestión unificada dos roteiros do concello incluíndo os actuais e outros de nova creación, así como creación dun programa de conservación e dinamización. 7.B. PROMOCIÓN DA CIDADE Pontevedra neste momento é un referente mundial polo seu modelo urbano e a súa calidade de vida. As necesidades provocadas pola pandemia no que ten que ver co uso dos espazos públicos ou os retos que nos pon enriba da mesa o cambio climático, fan que estean na axenda de medio mundo conceptos cos que o BNG leva traballando máis de 20 anos nesta cidade: a recuperación do espazo público e a súa democratización, o cambio nos paradigmas de mobilidade, a ecoloxía urbana... Ningunha outra cidade do Estado pode dicir que conta cunha colección de premios como os que os pontevedreses e pontevedresas temos a honra de desfrutar. E a ninguén se lle escapa tampouco que esta posición privilexiada e este modelo de cidade consolidado en Pontevedra son fundamentais para a cohesión interna, pero tamén para o medre económico e para xerar sinerxias determinantes no ámbito turístico, comercial ou empresarial que debemos aproveitar e promover.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTEwNTI=