LORES, PAIXÓN X PONTEVEDRA

-Continuar cos programas levados adiante nos pasados anos e a creación de novas accións que busquen incrementar o uso do galego entre as persoas máis novas. -Impulsar a colaboración entre os concellos que formamos parte da Asociación de Entidades Locais pola Lingua Galega, optimizando recursos, ideas e experiencias ca fin de desenvolver programas conxuntos (ex: Apego, Club de debate...) e promover novas iniciativas que afonden nos principios fundacionais da Asociación. -Manter e, de ser posíbel, aumentar a colaboración con entidades sociais (ANPAS, centros de ensino, asociacións veciñais, sectoriais, etc.) para multiplicar as accións de fomento do uso da lingua galega. -Controlar o cumprimento da Ordenanza de Normalización Lingüística do Concello. -Apoiar o tecido empresarial propio e os medios de comunicación que empregan a lingua galega.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTEwNTI=