LORES, PAIXÓN X PONTEVEDRA

e os centros de ensino. Coa finalidade de lograr a máxima socialización do coñecemento histórico, aproveitarase o potencial dos recursos web, das publicacións en banda deseñada, dos roteiros urbanos, dos espectáculos teatrais e do audiovisual. - Seguir co programa Memoria de Elefanta que naceu para incorporar ao público mozo e a novos públicos, buscando canles, novas linguaxes e novos escenarois onde a mocidade se move, se expresa e socializa. -Impulsar o premio de narrativa e ensaio de Memoria Histórica “Mariví Villaverde”. 7.D. LINGUA O noso compromiso coa normalización social da lingua amósase en todos os eidos de actuación, desde a coherencia persoal até unha acción decidida na sociedade e na organización diaria da Administración. Os concellos teñen un longo abano de posibilidades de actuación práctica no impulso ao uso social da lingua en ámbitos diversos que permiten avances palpábeis e moita visibilidade e que de ningún modo podemos desaproveitar. No actual contexto socio-lingüístico, de perda de falantes, de ataques planificados desde o poder para frear as súas posibilidades de recuperación, de estancamento (cando non retroceso) en ámbitos decisivos, de non respecto aos dereitos das persoas falantes, etc, o papel en prol da normalización que cómpre desenvolver desde os concellos tórnase crucial. Por iso, o BNG, para alén de continuar a incluír a transversalidade dos criterios dunha política lingüística normalizadora en todas as áreas, ámbitos e sectores, manterá e, na medida do posíbel, ampliará áreas políticas específicas -co persoal técnico necesario- para a coordinación, planificación e desenvolvemento da política lingüística municipal. Liñas de actuación: -Seguir a entender a normalización da lingua galega como un obxectivo preferente e central da acción municipal. As accións normalizadoras dirixiranse a todos os ámbitos e procurarase o incremento do uso e prestixio da lingua galega en todos os sectores (promoción económica, urbanismo, cultura, ensino, mocidade...).

RkJQdWJsaXNoZXIy MTEwNTI=