A quinta edición dos premios Ponle Freno entregou unha mención honorífica ao alcalde de Pontevedra e candidato do BNG á Alcaldía, Miguel Anxo Fernández Lores como político pioneiro da mobilidade urbana moderna.
Lores afirmou que o premio “é de toda a sociedade pontevedresa, de todos os seus veciños e veciñas, que foron os que fixeron posíbel a transformación da cidade”.
Comparte o premio co ex alcalde de Barcelona, Joan Clos, e polo ex tenente de alcalde e concelleiro de Mobilidade no Concello de Bilbao, Alfonso Gil Bilbao.
Paixón por Pontevedra