O candidato á Alcaldía e alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores reiterou esta mañá que “Pontevedra quere que siga sendo alcalde”, e confirmou que está á espera da reunión dos órganos de dirección das forzas políticas “para iniciar as conversas pertinentes.
“Atópome no meu mellor momento político e estou ilusionado por seguir traballando para que Pontevedra avance”, dixo Fernández Lores.
O candidato á Alcaldía polo BNG e alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores explicou esta mañá que “Pontevedra falou o domingo, día 28, quere que siga sendo alcalde deste concello. Alégrome moitísimo tamén que o Partido Socialista sexa da mesma opinión como dixo publicamente, e como comentamos na Xunta de goberno desta mañá”.
Lores manifestou que se está á espera de que se reunión os órganos de dirección das forzas políticas “para iniciar as conversas pertinentes”.
O alcalde tamén fixo alusión a que “tomaba nota de que a cidadanía quere que o faga mellor, pensa que o podo facer mellor”. Lembrou que “na campaña dixen que me presentaba para unha nova etapa de 8 a 10 anos que require sentar ben as bases en todos os aspectos polo tanto hai que tomar moitas decisións meditadas e sopesadas, e vai levar o seu tempo”.
Quixo ser claro ao confirmar que “que ninguén espere que haxa novidades inmediatamente, non por falta de vontade política, senón porque son cuestións complexas e complicadas que temos que debater. Cando teñamos novidades darémolas a coñecer publicamente”.
“Atópome no meu mellor momento político, mellor ca nunca, e estou ilusionado por seguir traballando para que Pontevedra avance”, indicou Fernández Lores.
Paixón por Pontevedra