O alcalde tomou posesión esta mañá nun pleno extraordinario de constitución da Corporación celebrado no Teatro Principal, que contou co apoio dos concelleiros do BNG e do PSOE.
Asegurou que “a obriga da política é mirar cara o futuro e ofrecer solucións”. Nun momento no que os cambios no mundo se precipitan con graves consecuencias sobre as persoas, Fernández Lores propón abrir unha nova etapa “observando as tendencias que nos poidan conducir a un futuro mellor e reconsiderando as bases sobre as que construír o noso futuro”.
Miguel Anxo Fernández Lores tomou posesión esta mañá como alcalde de Pontevedra, no seu sétimo mandato consecutivo, nunha sesión extraordinaria de constitución da Corporación celebrada no Teatro Principal.
O alcalde agradeceu o voto de todos os seus compañeiros do grupo municipal: Eva Vilaverde, Anabel Gulías César Mosquera, Demetrio Gómez, Carme da Silva, Raimundo González, María José Abilleira e Xaquín Moreda, “e especialmente aos compañeiros do grupo municipal socialista polo seu apoio”. Afirmou que considera o aopio “como unha obriga de facelo mellor, como unha asignación de deberes para mellorar as cousas en Pontevedra. Podedes estar seguros de que vou facer todo o humanamente posíbel, e incluso o imposíbel, para non defraudar esta confianza que depositastes en min”
Recoñeceu que “non son moi dado a expresar as miñas emocións en público. Permitídeme que hoxe faga esta escepción porque estou tan emocionado, tan ilusionado como nunca antes, incluso bastante máis que cando foron as primeiras veces”.
Fernández Lores quixo aclarar que “a primeira e fundamental obriga da política e do goberno, consiste en mirar para o futuro, en ofrecer solucións, en resolver problemas e mellorar a calidade de vida das persoas e nesta tarefa debemos centrar todos os nosos esforzos”.
Tendo en conta “os cambios acelerados” que se están a vivir no ámbito mundial e que “xa están tendo unhas consecuencias sobre as persoas, as traballadoras, as empresas e as administracións intensas, moi intensas e, a maiores, nada fáciles de predicir e adiantarse a elas”, o alcalde de Pontevedra propón “abrir unha nova etapa, unha nova fase na construción do futuro de Pontevedra. Mirar cara o futuro con unha mirada limpa, observando ás tendencias que nos poidan conducir a futuro mellor e reconsiderando ás bases sobre as que construír o noso futuro. Os tempos actuais creo que nos esixen actuar deste xeito”.
Por iso aposta por “un novo impulso e reformular a dirección na que se camiña para adaptarse aos tempos que corren e avanzar na dirección correcta. Esta é a miña proposta”, aseverou o rexedor de Pontevedra.
O alcalde fixo un chamamento de colaboración “a todos os grupos políticos, a todos os axentes sociais, e a toda Pontevedra a que abramos unha nova etapa, a que desde o respecto polas lexítimas diferenzas e discrepancias, traballemos aunando esforzos para avanzar nas direccións correctas, aplicando as mellores solucións que nos permitan avanzar e mellorar a posición de vangarda na calidade vida que hoxe ten Pontevedra”.
Coa experiencia do pasado, “Pontevedra é quen de superar todos os retos que nos propoñamos colectivamente. Fixémolo no pasado e estou convencido que así o faremos nesta nova etapa que hoxe abrimos”, concluíu Fernández Lores.
Pontevedra, 17 de xuño do 2023
Lores propón na súa investidura como alcalde “un novo impulso
e reformular a dirección para adaptarse aos novos tempos”