XPO logo

Preto de dúas mil persoas ateigaron o Recinto Feiral para “celebrar Pontevedra” con Lores

Lores: “Estou no mellor momento da miña vida política e persoal, con máis ilusión e proxectos de futuro que nunca”

Ana Pontón: “Pontevedra é un exemplo de como se pode transformar desde un concello, de como se poden superar barreiras e conseguir metas case impensábeis”

Ao redor de dúas mil persoas encheron na noite do 17 de marzo o Recinto Feiral de Pontevedra. Miguel Anxo Fernández Lores celebrou Pontevedra por todo o alto, rodeado «da xente que lle quereben á cidade».

O Recinto Feiral volveu unha noite vibrante, vendo representados a todos os sectores da sociedade pontevedresa, que cearon e festexaron o que está por vir.

Nun ambiente festivo, o actual alcalde da Boa Vila subiu ao escenario acompañado da líder do Bloque Nacionalista Galego, Ana Pontón, que lembrou sobre este mesmo que “Pontevedra é un exemplo de como se pode transformar desde un concello, de como se poden superar barreiras e conseguir metas case impensábeis”. “Dise que levar moito tempo no goberno cansa e desgasta. Iso é certo cando se está no goberno por estar, pero non cando se ten un proxecto, cando se queren cambiar e transformar en positivo, cando se sabe a onde se quere ir”, sinalou.

“Todas as persoas que lle queredes a Pontevedra podedes e debedes estar orgullosas do voso concello. Eu estou moi orgullosa de Pontevedra. Teño a esperanza e o convencemento de que, máis cedo que tarde, tamén en Galiza deixaremos atrás o derrotismo e a falta de confianza no País e todas as persoas que levamos a Galiza no corazón estaremos orgullosas do gran País que somos!”, finalizou.

Pola súa banda, Lores apunto desde o inicio da súa intervención o amor que sente pola Boa Vila. “Estou namorado até as trancas de Pontevedra, das miñas xentes, da sociedade pontevedresa. Estou no mellor momento da miña vida política e persoal, con máis ilusión e proxectos de futuro que nunca”,

“Quero dirixirme a todas as persoas que lle queren a Pontevedra, a todas as persoas que poñen Pontevedra por enriba de intereses, de afinidades, de compadreos e de siglas, para dicirlles que con entusiasmo por Pontevedra, con paixón por Pontevedra, poden ter confianza en que superaremos todos os retos que nos marcamos”, comentou.

Paixón por Pontevedra

Compartir: