LORES, PAIXÓN X PONTEVEDRA

En base a estas premisas, o BNG comprométese a • Esixir á Xunta de Galiza que cumpra o compromiso adquirido no seu día para manter como equipamento sanitario o Hospital Provincial, adecuando as instalacións aos novos usos sanitarios aos que se destinen unha vez rematen as obras do novo hospital de Montecelo. • Esixir á Xunta de Galiza que dote aos centros de saúde de Pontevedra, do persoal necesario para dar unha cobertura sanitaria acorde ás necesidade da poboación, tanto na atención primaria, na atención pedíatrica ou nas urxencias dos PAC. • Colaborar coa Xunta de Galiza para que a construción do novo hospital de Montecelo se axuste aos prazos establecidos. Esixir á Consellaría de Sanidade e á Xunta de Galiza que tanto a dotación técnica como os medios profesionais sanitarios e non sanitarios, atendan sen colapsos nin listas de agarda á poboación que ten asignado como hospital de área. • Colaborar coa Consellaría de Sanidade nun traspaso áxil e eficaz da UAD para que os usuarios e as usuarias de toda a área sanitaria sexan atendidos polos profisionais de saúde mental do SERGAS, tal como corresponde. Os traballadores e traballadoras da UAD adcritos ao Concello poderán escoller se prefiren seguir pertencendo ao cadro de persoal do Concello ou adcribirse ao SERGAS. • Apoiar ás asociacións en defensa da sanidade pública. 2.F. EDUCACIÓN E INFANCIA A colaboración coa FANPA para manter os comedores escolares estará garantida, máis traballaremos para que a Consellería de Educación se faga cargo deste servizo. No caso do convenio para as ludotecas extraescolares seguiremos invertindo no lecer dos cativos e facilitando a conciliación familiar. As crianzas son unha parte imprescindible da sociedade e estamos decididas a poñer en marcha un espazo de participación para que nos acompañarnos no proceso de creación da cidade. O Consello da Infancia estará formado dun equipo multidiciplinar onde estean recollidos, entre outros, perfís pedagóxicos, urbanísticos ou culturais, que deseñarán un programa de intervención escolar traballando unha temática en cada edición. Así estudiaramos os parques infantís, as zonas axardinadas, os montes, o transporte, a diversidade funcional, os biorresiduos, os entor-

RkJQdWJsaXNoZXIy MTEwNTI=