LORES, PAIXÓN X PONTEVEDRA

nos escolares e todos aqueles aspectos que se consideren que afectan directa ou indirectamente a un desenvolvemento da infancia feliz e participativo. O traballo culminará nun encontro para o debate que elevará as súas conclusións ao Goberno Municipal, coa presenza do alcalde e os concelleiros e concelleiras responsabeis das diferentes áreas. Comprometémonos a incorporar no traballo municipal, aqueles aspectos que non colisionen coa lexislación vixente ou que afortalen o modelo de cidade que o BNG ten para Pontevedra. 2.G. MODERNIZACIÓN DA ADMINISTRACIÓN Os concellos teñen a sona de seren a escala administrativa que boa parte da veciñanza entende como a máis achegada e onde se acode cada vez que non se sabe nin onde nin como resolver un problema. Sen embargo, practicamente carecen de capacidade normativa para ordenar a súa xestión e deben acollerse a unha normativa emanada de Xunta, Estado e Unión Europea con intereses e obxectivos diferentes dos da administración municipal. Toda esta normativa xera unha burocracia esaxerada que retrasa e dificulta proxectos básicos para as cidades tanto polos trámites que se impoñen como pola dificuldades de interpretación de toda a normativa vixente. Por outra parte, as posibilidades que existen hoxe en día para mellorar a xestión e a administración municipal, tanto pola existencia das novas tecnoloxías como pola altísima formación, coñecemento e experiencia acumulados no concello de Pontevedra, abren un amplísimo campo de traballo para a mellora dos servizos que se prestan á veciñanza. As bases para a mellora están sentadas (edificio de Ferreiros, reformas executadas en Michelena 30, novas ordenanzas aprobadas, administración electrónica en marcha . . .) e agora xa comezamos a ver unha administración eficiente e centrada en atender ás necesidades da cidadanía. Somos conscientes de que este cambio é dos máis complexos que temos que abordar e de que os cambios sempre xeran dificultades. Por iso, o goberno encabezado polo BNG vai desenvolver as seguintes liñas, obxectivos e medidas concretas durante os vindeiros anos: • Ter como vara de medida de todas as decisións a mellora do servizo que se presta ás veciñas e veciños: o obxectivo último da administración é facilitar a vida das persoas, non converter nun fárrago cada paso que se dá nunha oficina.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTEwNTI=