LORES, PAIXÓN X PONTEVEDRA

• Mellorar as instalacións municipais. Algunhas dependencias adminsitrativas, sinaladamenteen Michelena 30 e o edificio de Churruchaos, teñen que ser reformadas. Mentres outros servizos precisan agrandar as súas instalacións, por exemplo o arquivo ou xefatura da policía). • Profundizar na racionalización e organización do traballo administrativo., Definindo claramente as obrigas do persoal no cumprimento das súas funcións e sendo garante máximo dos seus dereitos como persoas traballadoras, cuestión que está no ADN do Bloque Nacionalista Galego. • Accesibilidade universal tamén na relación coa administración municipal. A mellora da relación entre persoas administradas e administración esixe desta un inmenso esforzo de formación das persoas traballadoras, de facer comprensíbel a linguaxe, de implementación de novas vías de comunicación (administración electrónica, páxina web, aplicacións para móbil, correo electrónico, teléfono . . .), de facer os trámites máis doados e de axilidade na xestión (tramitación de licenzas e permisos, pagamento a proveedores ou resposta ás demandas veciñais). 2.H. POLÍTICA FISCAL XESTIÓN FISCAL Existe unha constatación palpábel sobre a insuficiencia dos recursos económicos cos que contan os concellos para atender o elevado número de servizos que prestan á cidadanía. Ademais podemos afirmar que o actual marco tributario local resulta particularmente inadecuado a respecto das necesidades económicas e financeiras que require a actuación da administración municipal. É un marco conflitivo e problemático para os concellos, debido á súa falta de flexibilidade, así como á ausencia absoluta de equidade como consecuencia da non consideración persoal do contribuínte na maior parte dos tributos que integran o sistema fiscal local. O sistema fiscal local é, pois, un sistema pouco equitativo, ríxido, insuficiente, e as máis das veces, regresivo. A súa reforma pasa pola adecuación das bases á actividade económica actual e por procurar un financiamento máis independente para todos os concellos. Neste sentido, o BNG considera necesario actuar en dous níveis diferentes: modificar o actual sistema de Participación nos Ingresos do Estado (PIE), propiciando a integración plena da transferencia da PIE nos orzamentos da Xunta de Galiza, adaptando así a participación ás carac-

RkJQdWJsaXNoZXIy MTEwNTI=