LORES, PAIXÓN X PONTEVEDRA

terísticas do territorio e da organización local galegas e promovendo a aprobación dunha Lei Galega de Facendas Locais, que constitúa o marco de referencia do financiamento municipal, que promova a autonomía financeira municipal tanto no que fai referencia á ordenación e xestión dos tributos. Para o BNG é fulcral traballarmos nunha política tributaria municipal que estea ao servizo da veciñanza e para iso o Concello debe utilizar todos os instrumentos fiscais de que dispón para complementar a súa financiamento, particularmente as taxas e prezos públicos cuxa recadación deberá de cubrir os custos do servizo prestado. É por iso que o goberno do BNG comprométese a • Seguir traballando na loita contra a fraude fiscal constitúe una vía importante para aumentar o nível de recursos dispoñíbeis e obter unha mellor distribución social da carga fiscal efectiva. Esta medida implica incrementar a dotación de recursos humanos e materiais para unha inspección fiscal eficiente e, así mesmo, a actualización permanente dos censos de contribuíntes. • Xestionarmos intensa e eficazmente para a captación de recursos diante de outras administracións, incluídos os fondos de programas europeos, para abordar proxectos de infraestruturas das diferentes áreas de funcionamento do Concello. • Utilizaremos o cofinanciamento, fundamentalmente con outras administracións, de cara a anticipar programas de investimento de competencia municipal. • Estabilizaremos a presión impositiva de cara a evitar subas desmesuradas e descontinuas, sobre todo tendo en conta que estamos nunha época de crise. PROPOSTAS EN MATERIA DE INGRESOS. OS IMPOSTOS Na liña da racionalización da fiscalidade, e tendo como obxectivo garantir a suficiencia fiscal, a autonomía financeira e a equidade, o BNG promoverá as seguintes medidas: Imposto sobre Bens Inmóbeis A transferencia de competencias sobre xestión catastral á Comunidade Autónoma, acompañada do estabelecemento de convenios co adecua-

RkJQdWJsaXNoZXIy MTEwNTI=