LORES, PAIXÓN X PONTEVEDRA

Todos os obxectivos e medidas concretas que se relacionana a seguir, contribúen a este obxectivo • Priorizar a mobilidade activa peonil e ciclista e rehabilitar de xeito progresivo o espazo público en todo o concello para facelo seguro e con sensación de seguranza. Neste sentido, considérase prioritaria a atención a toda a fronte marítimo-fluvial e a súa conexión e aqueles barrios e parroquias nos que hai proxectos en máis alto grao de maduración (Rosalía de Castro, A Santiña, rúa do Castañal, Luís Seoane, Almirantes Matos e os núcleos de centralidade de Santa María de Xeve e Verducido). As conexións peonís e ciclistas con outros concellos, onde pode abordarse o carril bici (e nalgúns casos as interparroquiais) esixen demandas a outras administracións para levaren a cabo promesas longamente incumpridas por outras administración (paseo a Marín e urbanización da estrada de Vigo polo goberno do Estado e estradas de Vilagarcía, Campo Lameiro Ponte Caldelas pola Xunta de Galiza) • Continuar reducindo o tráfico de paso e de axitación, que reduce a emisión de gases contaminantes, elimina ruídos innecesarios, mellora a distribución de último quilómetro e facilita a cada veciña o veciño a utilización do seu vehículo cada vez que o precisar. Eduardo Pondal é a zona da cidade con maior nível de tráfico de paso innecesario e, polo tanto, deberá ter un tratamento especial para reducilo. Por outra parte, a conexión de Monte Porreiro coa avenida de Bos Aires está duplicada, o que debe terse en conta para suprimir todo o tráfico innecesario da beira do río. Retirar tráfico de paso tamén esixe unha nova conexión entre as estradas de Santiago e Vilagarcía, a coñecida como variante de Alba, tamén para evitar funil para camións de San Caetano e, por suposto, para facer máis seguro o Camiño de Santiago. O BNG tamén vai esixir que se execute o Nó de Bombeiros. Este obxectivo é especialmente importante nas contornas dos centros escolares, deportivos, sanitarios e a administrativos para gañar en sensación de seguranza viaria. Por fin, hai que atender ás necesidades que xurdan para completar a rede de estacionamentos de borde.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTEwNTI=