LORES, PAIXÓN X PONTEVEDRA

Para avanzar nesta liña, o BNG no goberno comprométese a facer avanzar Pontevedra con catro obxectivos prioritarios 1. Maior calidade democrática: profundizando na democracia participativa, incentivando a participación da cidadanía na identificación das súas necesidades e na resolución dos problemas do territorio en que vive. 2. Maior cohesión social, creando espazos para a relación social e a convivencia, potenciando as actividades sociais, culturais e festivas creadoras de identidade e orgullo colectivo. 3. Maior calidade de vida, ampliando os logros da calidade urbana ás zonas nas que aínda non se actuou e propiciando un desenvolmento equilibrado entre o centro urbano, os barrios e as parroquias. 4. Maior equidade: promovendo a xustiza social e o goberno para a maioría. No concreto, o BNG adoptará como medidas a desenvolver .- Completar a rede de centros autoxestionados sendo obxectivos prioritarios os novos centros sociais de Bora, Acevedo e Ponte Sampaio e a reforma integral do Centro Sur e o Centro Social de Monte Porreiro. .- Seguir reforzando o papel dos Consellos parroquiais e de barrio como fórmula máis acaída para trasladar e priorizar as necesidades e as mellores solucións para executar no territorio. Aumentar a frecuencia da súa convocatoria, os asuntos para tratar e constituir a Mesa por Monte Porreiro. .- Procurar novas formas de participación da veciñanza na toma de decisións e na asuncion de responsabilidades, seguindo exemplos locais como o da rúa Altamira ou máis globais como o Placemaking. .- Apoiar as iniciativas emanadas da sociedade pontevedresa e galega que melloren a calidade democrática da sociedade. .- Crear novas canles de participación cidadá electrónicas, que favorezan a consulta, o debate e a información da cidadanías sobre os asuntos do seu interese e a súa relación coa administración municipal, a través do impulso ao sistema de información xeográfica “Catafís”. .- Poñer en marcha o Consello da infancia como espazo de debate e de impulso de medidas que melloren a cidade e a calidade de vida da veciñanza no seu conxunto, e dos máis novos en particular.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTEwNTI=