LORES, PAIXÓN X PONTEVEDRA

debe ser unha ferramenta dinámica que faga de arquivo de Pontevedra no cine, que sexa proactiva nos contactos cos posibles rodaxes, que propoña rueiros cinematográficos, en definitiva, que colabore activamente nas políticas de impulso ás artes da imaxe. • EQUIPAMENTOS: Os dous grandes focos culturais da cidade son o Teatro Principal e o complexo Pazo/Recinto/Sala de Exposicións, espazos moi utilizados pola sociedade pontevedresa representada tanto polo Concello como polas asociacións, escolas ou organizacións en xeral e chegou o momento de investir na súa remodelación integral con criterios de eficiencia enerxética (produción para autoconsumo e eficiencia no gasto), accesibilidade universal, mellora das infraestruturas especificamente culturais e respecto polo patrimonio. Os proxectos xa redactados para o Teatro Principal e o complexo Pazo/ Recinto Feiral/Sala de exposicións son a guía para estas intervencións. • Reforma integral da esplanada superior do Pazo cos criterios que se definen no apartado “Novas actuacións de urbanización” 5.C. DEPORTE A promoción da práctica deportiva contribúe a fomentar hábitos de vida saudábeis entre a poboación e constitúe unha alternativa de lecer que facilita a socialización entre veciños e veciñas, o coñecemento do territorio e realidades máis próximas e fomenta valores de esforzo, respecto, solidariedade e compañeirismo. Pero tamén dinamismo económico e proxección da cidade. Á vez que supón un motivo máis para sentírmonos orgullo do que somos a través dos logros dos nosos e nosas deportistas, clubes ou mesmo co éxito conseguido na organización dos diferentes eventos deportivos. A situación privilexiada de Pontevedra, co complexo río-ría, a recuperación de espazos naturais para o goce e a práctica deportiva, o extenso patrimonio natural, xunto co propio modelo de cidade que facilita a práctica de deportes tanto no ámbito urbano como no rural, e a mellora ambiental coa calidade do aire, fan de marco perfecto para a práctica deportiva en espazos ao aire libre nunha perfecta conxunción co medio e a comunidade. O goberno do BNG vai apoiar a extensión da práctica deportiva en base a cinco eixos fundamentais de traballo:

RkJQdWJsaXNoZXIy MTEwNTI=