LORES, PAIXÓN X PONTEVEDRA

- Inclusión da perspectiva de xénero. - Fomento do deporte de base e da práctica da actividade física entre toda a veciñanza con atención especial aos deportes tradicionais. - Colaboración coas entidades e clubes deportivos. - Dotación e mantemento de equipamentos deportivos. - Potenciación de Pontevedra como sede de grandes eventos deportivos de carácter supramunicipal, aproveitando xa a imaxe positiva que existe da cidade como referente tamén na organización deste tipo de eventos. Unha Pontevedra convertida na capital mundial do triatlón e referente noutros deportes despois da organización de eventos internacionais como o Campionato mundial de loitas olímpicas son a mellor demostración do éxito na estratexia de promoción da cidade en canto á súa proxección cara a fóra, supoñen un elemento de primeira orde na dinamización económica e na promoción de destino e desestacionalización turística. As liñas de actuación prioritarias para o goberno do BNG son: • A celebración en setembro de 2023 da Final Series Mundiais de Triatlón na nosa capital, aprobada por unanimidade da asemblea xeral da Federación Mundial de Triatlón, un obxectivo que nunca se formulou unha cidade do tamaño de Pontevedra. • Construción do Complexo deportivo da Parda, que para alén da mellora da infraestrutura para a práctica deportiva, supón a creación do grande parque da Pontevedra Leste e un salto de calidade evidente para estes populosos barrios. • Reforzar o servizo de deportes para atender o gran movemento deportivo da cidade, os eventos e as novas instalacións. • Plan de mantemento e reforma dos pavillóns e outras instalación deportivas existentes tanto no ámbito urbano coma no rural, con especial atención ao Campo de rugbi de Monte Porreiro. • Contrución do novo pavillón para ténis de mesa en Monteporreiro segundo as liñas de actuación marcadas no anteproxecto xa aprobado polo Concello.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTEwNTI=