LORES, PAIXÓN X PONTEVEDRA

En consecuencia, o BNG comprométese a: • Seguir afondando na colaboración coa Universidade de Vigo e o Campus crea, para axeitar a acción política á realidade concreta de Pontevedra, apostando por modelos baseados no desenvolvemento endóxeno fronte a elementos externos e conxunturais de difícil permanencia no tempo. Nesa liña salientamos o Observatorio urbano de Pontevedra, con datos obxectivos arredor do desenvolvemento local, e o Observatorio da cultura, para analizar a información relativa ao sector cultural no Concello e o seu impacto económico, laboral e social. • Continuar promovendo actividades económicas e sociais que conecten co sector privado incentivando proxectos conxuntos e implicando a todos os axentes económicos e sociais. • Implementar e afortalar a posta en marcha da primeira aceleradora de economía social de Galiza que se prevé instalar no antigo Conservatorio, e que ten como obxectivo xerar emprego no ámbito da cultura, a innovación e a creatividade dotando de ferramentas e da formación necesarias a empresas e particulares que queiran desenvolver o seu negocio neste ámbito. • Xerar valor engadido e dinamización económica e social a través da organización ou colaboración coa celebración de Congresos en ámbitos de interese para a cidade. • Promover a impartición de Escolas obradoiro ou obradoiros de emprego, co obxectivo de mellorar a formación e empregabilidade das persoas desempregadas. • Prestar información sobre trámites na creación de empresas, disposición de solo, tramitación administrativa relativa a licenzas e subvencións, ou calquera outra que sexa de interese directo do sector comercial e empresarial do Concello. • Impulsar a relación coa Universidade, centros de formación ou calquera outra entidade ou centro de ensino ou investigación que permita mellorar a competitividade e os recursos do tecido económico do Concello. • Creación de programas específicos que permitan o trasbase de coñecemento ao tempo que se crean novos xacementos de emprego na propia continuidade de negocios con peche por xubilación. • Promover a celebracións e actividades na rúa, especialmente naquelas rúas que precisen dun maior impulso ou reforzo, para visibilizar e dinamizar o comercio de proximidade.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTEwNTI=