LORES, PAIXÓN X PONTEVEDRA

Con estas consideracións xerais facemos fincapé nunha cuestión de máxima transcendencia: o papel que teñen os Concellos na Ordenación do seu territorio, no Urbanismo e no Medio ambiente. A curto prazo, a función máis importante dos concellos consiste na prestación dos servizos básicos. A medio e longo prazo, a principal función é precisamente tratar de incidir na ordenación acaída do seu territorio con dous obxectivos: 1.- A previsión de intervencións. 2.- As actuacións que se fagan para o seu coidado e permanencia. Por desgraza, a situación lexislativa e normativa foi evoluíndo na dirección de restarlle aos concellos case todas as competencias sobre a ordenación do seu territorio, tanto nas sucesivas leis sobre ordenación do territorio, costas, augas, estradas, ferrocarrís, urbanismo, etc. como nas Directrices de Ordenación do Territorio e o Plan de Ordenación do Litoral. Máis alá destas limitacións, cada vez máis intensas, os concellos manteñen a capacidade de propoñer, suxerir, presionar, alegar ante ás demais administracións para lograr un territorio mellor ordenado, e o BNG no concello de Pontevedra utilizará estas facultades, aínda que cativas, para lograr esa mellora. Pontevedra conta cun PXOM en vigor que xa desenvolveu todas as directrices que levaron o BNG a oporse á súa aprobación e no que, xunta ás 41.465 vivendas construídas, aínda permite edificar da orde de 20.000 máis, é dicir, que Pontevedra se atopa en boa situación para enfrontar o actual problema da vivenda. Deste xeito, o BNG non contempla a necesidade de elaborar un novo PXOM que reduciría o solo edificábel para vivenda de maneira significativa. 6.D. MONTE VIVO Da necesidade de mellorar o noso medio e de dignificar os montes nace o programa municipal Monte Vivo, acollido e impulsado tamén pola veciñanza principalmente das parroquias que traballa na sextión do monte. Monte Vivo xorde da idea de facer do monte un recurso sustentábel, de ocio e tamén económico para produtores comunitarios e individuais. Apostamos firmemente nunha política forestal diferente fóra do monocultivo de especies foráneas, de crecemento rápido e de alto risco de incendio. Sendo este o maior problema na actualidade.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTEwNTI=